Un xuíz de Ourense recoñece a sensibilidade química múltiple como “accidente laboral”

Unha funcionaria da Xunta de Galicia en Ourense acaba de recibir o respaldo do titular do Xulgado Contencioso-administrativo número 1 da cidade, que recoñeceu como “accidente laboral” a suposta síndrome de ‘sensibilidade química múltiple’ (SQM) que di padecer. A muller presentou unha demanda na que sostén que padece diversos problemas físicos no seu posto de traballo debidos, segundo di, á exposición a “axentes químicos no aire” e á “mala ventilación” do lugar. Este fallo anula e revoga unha resolución da Consellería de Política Social de 16 de agosto de 2017, que declara que a baixa se debía “a enfermidade común”.

A demandante expuxo que desde hai tres anos sofre “alerxias, disnea, tos, dor estomacal, mareos, vómitos e cefaleas” relacionadas coa presenza de “produtos químicos” usados na pintura das paredes e do teito, insecticidas e produtos de limpeza. Segundo di a sentenza, “as peores crises producíronse no ano 2017, cunha reacción alérxica xeral que deu causa ás súas últimas baixas, cualificadas polo seu médico de ‘orixe laboral’ por ‘probable relación cun axente externo no seu centro de traballo”. A demandante, dise no texto, “houbo de acudir a distintos especialistas que finalmente a diagnosticaron cunha síndrome de sensibilidade química que lle producía fatiga crónica e astenia”.

Publicidade

O xuíz alude á “síndrome do edificio enfermo”, recoñecida pola OMS, ao contrario que a SQM

A sentenza sostense tamén nas queixas e problemas padecidos por empregados do mesmo edificio. “Polo menos outras dúas traballadoras das mesmas dependencias obtiveron xa a baixa por causa laboral debido á inhalación de tóxicos“, alén de que “unha parte do persoal das oficinas” protestou “polas molestias que xera o sistema do aire acondicionado”. Tamén se cita a situación dunha compañeira da afectada, que tivo que trasladarse a un despacho individual, sen fotocopiadora, con purificador de aire e con control independente do sistema de aire acondicionado e calefacción”.

Por tanto, o xuíz dá por probado que “a saúde da demandante foise deteriorando de xeito progresivo, ata padecer finalmente unha síndrome de sensibilidade química múltiple, grado III/V, iniciado no seu lugar de traballo ao contacto con produtos químicos do ambiente, que para outras persoas poden ser inocuos ou en todo caso corrosivos, que lle produciron unha plurisintomatoloxía”.

Publicidade

Os estudios científicos din que a SQM ten causas psicolóxicas e psiquiátricas, pero non se debe ao contacto con determinados compostos

Alén disto, o maxistrado destaca que os edificios de oficinas “herméticos, con ventilación sempre artificial mediante sistemas de aire acondicionado”, tenden a padecer a “síndrome do edificio enfermo“, recoñecida pola Organización Mundial da Saúde, e que xera aos traballadores molestias “moi similares ás que comezou a sufrir a demandante desde o ano 2015”. Porén, diversos expertos fan claras distincións entre os “edificios enfermos” e a SQM, da que non se puido atopar aínda evidencia científica.

A Xunta deberá asumir, por tanto, o pago das costas. Con todo, o fallo non é firme, xa que cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Que é a sensibilidade química múltiple?

As personas que afirman padecer a SQM describen un amplo rango de síntomas causados pola exposición a compostos químicos sintéticos. Porén, as revisións científicas sobre este tema aluden a que estes trastornos se deben a causas psicolóxicas e psiquiátricas, e non físicas.

Así, algunhas investigacións que abordaron a reacción dos afectados a determinados productos detectaron un efecto nocebo; é dicir, unha reacción negativa ante substancias que en teoría deberían ser inocuas para os afectados. Isto reforzou a idea de que se trata de un problema psicolóxico, fundado en opinións e crenzas previas ante determinados produtos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación