Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Galicia superou os 38 graos o pasado 22 de setembro tras varias xornadas continuadas de altas temperaturas. Ourense foi unha das 98 estacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) que acadou os 35ºC o pasado martes, chegando case aos 40ºC. Con todo, a calor abafante será substituída por un descenso de ata 10 graos nas temperaturas máximas a partir do venres. A causante é unha masa de aire de orixe marítima, máis fresca, que comezará con néboas persistentes nas Rías Baixas.

A asociación deste fenómeno cunha fronte pon data e hora para a volta das chuvias a Galicia: cara ao final da tarde do sábado 26 de setembro. Este episodio podería ter continuidade a próxima semana e, a máis curto prazo, os modelos sinalan que o domingo poderían producirse chuvascos acompañados de tormentas en Galicia.

Publicidade

Este conxunto de sucesos meteorolóxicos produce o que o portal Meteored chama “un baixón notable e mesmo extraordinario” das temperaturas no noroeste peninsular, sobre todo no norte galego, Asturias, Cantabria, País Vasco e norte de Navarra. Así, a partir do sábado a dorsal de aire cálida subtropical que está a provocar este destacado episodio de altas temperaturas irá dando paso a un tempo máis irregular e propio da estación de outono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro