Arte sostible en familia, no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae da Coruña, en colaboración co colectivo artístico RetoqueRetro, organiza cinco obradoiros de arte sostible no que as persoas participantes poderán elaborar pequenas esculturas e outras obras artísticas utilizando residuos e lixo plástico recuperado das praias galegas. Quen participe tamén pode levar de casa material plástico de refugallo (tapóns, botellas, recipientes, etc.), convenientemente lavado, que poderán utilizar para elaborar as esculturas.

As esculturas realizadas nos obradoiros serán expostas nunha mostra no Aquarium

Esta actividade está vinculada á produción de contidos para unha exposición no Aquarium Finisterrae. As esculturas elaboradas uniranse para construír o módulo principal da exposición.

Os obradoiros estarán dirixidos por artistas de Retoque Retro, e están destinados a público familiar, con nenas e nenos a partir de 12 anos. Celebraranse na Sala Cornide do Aquarium Finisterrae os días 13 e 20 de outubro e 10, 17 e 24 de novembro de 2018, de 10:30 a 13:30 horas.

Publicidade

Para participar nos obradoiros hai que realizar unha preinscrición a través do formulario electrónico dispoñible esta ligazón, que abrirá ás 10:00 horas do luns 8 de outubro. 

As persoas inscritas deberán abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca