A NASA descobre que en Saturno chove butano

Antes de que Cassini se estrelara contra Saturno, en setembro do ano pasado, aproveitou a súa situación para recoller datos moi difíciles de obter desde lonxe. Achegouse moito aos aneis e a atmosfera, polo que se puido coñecer información nunca antes obtida, e que agora os investigadores da NASA dan a coñecer nunha serie de artigos publicados en Science.

Nunha das súas últimas órbitas, Cassini foi alcanzada por un chaparrón inesperado no anel D, o máis interior. Era unha especie de cóctel químico “sorprendente“, segundo sosteñen os investigadores. Unha mestura que, ao longo do tempo, foi alterando o contido de carbono e osíxeno na atmosfera do planeta. “É un novo elemento para comprender como funciona o sistema solar”, declarou o astrónomo Thomas Cravens, da universidade de Kansas.

Publicidade

Os datos recollidos por Cassini nas súas últimas órbitas achegan unha información moi valiosa

Como algunhas investigacións anteriores avanzaban a posibilidade de que chovese nos aneis, os aparellos de Cassini estaban preparados para protexerse desta precipitación, cunha especie de paraugas. E unha vez protexida, usou o espectómetro para determinar cal era a composición desa chuvia.

Atopouse, como era de agardar, hidróxeno, o elemento máis abundante da atmosfera. Porén, ademais de auga, apareceron compostos como butano ou propano, usados polos humanos como combustible para xerar enerxía. E tamén apareceron outros elementos como metano, amoníaco, monóxido e dióxido de carbono e nitróxeno.

Publicidade

Outro dos traballos estuda tamén o po recollido pola sonda. E viuse que o 95% era xeo, pero tamén apareceron silicatos. Por outra banda, viuse tamén que o anel D, que xira máis rápido que a atmosfera do planeta, envía cara a Saturno arredor de 10.000 quilos de materiais por segundo, o que modifica, pouco a pouco, a composición da atmosfera e a ionosfera do planeta. E do mesmo xeito o estudo suxire que o anel C está ‘repoñendo’ os materiais desprendidos polo D.

Estes achados van ser clave para comprender mellor os aneis planetarios, a súa orixe, a súa composición, canto durarán, e por que algúns planetas os teñen e outros carecen del.

Alén disto, Cassini descubriu unha radiación ata entón descoñecida entre Saturno e os seus aneis, e unha corrente eléctrica que circula ao longo das liñas do campo magnético entre o anel D e a atmosfera do planeta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo