Xoves 10 Outubro 2024

Sistema Solar

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Descubertos 59 exoplanetas, dos que 10 poden ser habitables

Un estudo liderado entre España e Alemaña fai públicas 20.000 observacións dunha mostra de 362 estrelas frías próximas

O telescopio Hubble detecta o cometa máis grande xamais visto

Un novo estudo determina o tamaño do seu núcleo e ofrece máis luz sobre misterios do noso Sistema Solar

Detectan por primeira vez átomos de osíxeno na atmosfera dun exoplaneta

Investigadores do Instituto de Astrofísica de Andalucía e outros centros realizan o achado no planeta KELT-9b, con temperaturas que impiden a vida

O asteroide Ryugu brinda información sobre a formación do sistema solar

Nunha primeira radiografía, o asteroide parece ser escuro, cunha elevada porosidade e constituído por unha ‘arxila’ hidratada con elementos orgánicos incrustados

Inauguran o maior sistema solar a escala de España, cun tamaño de máis de 20km

A asociación Astróbiga constrúe unha réplica exacta e instálaa en Ciudad Rodrigo (Salamanca) co obxectivo de divulgar a astronomía

Canto tarda en caer unha bóla desde un quilómetro de altura en cada planeta?

A distinta gravidade de cada astro no sistema solar provoca unhas diferentes velocidades, que podes ver claramente neste vídeo

O cometa interestelar Borisov, unha alfaia das orixes do Sistema Solar?

Novas observacións do obxecto indican que podería ser o obxecto máis prístino xamais observado, xa que nunca pasara preto dunha estrela

Isto é un anaco dun protoplaneta perdido máis antigo que a Terra

Un novo estudo determina que este meteorito atopado hai uns meses no deserto en Alxeria ten moito que contar sobre as orixes do Sistema Solar

Confirmado ‘FarFarOut’, o obxecto máis afastado do Sistema Solar

Esta rocha espacial de 400 quilómetros de diámetro tarda mais de mil anos en dar a volta ao Sol

Chega unha aliñación de Xúpiter e Saturno non vista dende a Idade Media

Os dos planetas gasosos van aparecer este Nadal no ceo nocturno máis preto un do outro dende a data do 4 de marzo de 1226

Asteroide Bennu: a NASA recollerá hoxe mostras a 334 millóns de km da Terra

A misión Osiris-Rex afronta esta madrugada o momento decisivo para poder traer de volta os restos nunha viaxe que durará tres anos

Captan a primeira imaxe de planetas noutro sistema semellante ao do Sol

O telescopio VLT de Atacama consegue retratar dous exoplanetas xigantes arredor dunha estrela nova, o que permitirá coñecer mellor o Sistema Solar

Como sería a Terra se fose un satélite de Xúpiter

Este vídeo amosa o ceo terrestre co gran xigante gasoso por riba das nosas cabezas

Presentan o mapa xeolóxico de Titán, a maior lúa de Saturno

Científicos españois e estadounidenses presentan o traballo, baseado en medicións infravermellas e o radar da sonda Cassini

Os dinosauros viviron no outro lado da galaxia

Unha científica da NASA amosa nun abraiante vídeo a situación do Triásico no movemento do Sistema Solar na galaxia Vía Láctea