Venres 26 Abril 2024

A Cassini fai a derradeira foto dos aneis de Saturno

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Mindaugas Macijauskas
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, Space Science Institute, Mindaugas Macijauskas

Explicación: como debería despedirse a Cassini de Saturno? Tres días antes de mergullarse dentro da parte soleada de Saturno, a nave espacial automática Cassinifixo un picado desde ben lonxe por detrás da parte nocturna coas cámaras botando lume. Trinta e seis desas imaxes fusionáronse, por un científico cidadán experto e alerta, nun derradeiro retrato con todos os aneis do que foi o planeta fogar da Cassini durante os últimos 13 anos. O Sol está xusto por riba da imaxe, facendo que Saturno proxecte unha sombra escura sobre os enormes aneis. Esta posición da sombra non se pode fotografar desde a Terra e non será visible de novo ata que outra nave lanzada por nós visite ao xigante con aneis. Os datos mailas imaxes da misión de mergullo finalda Cassini ao interior da atmosfera de Saturno o 15 de setembro seguen a seren analizados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial