Científicos galegos estudarán o impacto do lixo mariño nos océanos

A USC é unha das entidades que participan no proxecto ‘NetTag-Tagging fishing gears and enhancing on board best-practices to promote waste free fisheries’ que, coordinado pola investigadora Cristina Ribeiro do Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental de Portugal, consiste na avaliación ecolóxica e socioeconómica do impacto do lixo mariño nos mares.

O proxecto deseñará, ademais, innovadores métodos tecnolóxicos para detectar, recuperar e reducir o número de artes de pesca do mar. NetTag analizará eses impactos nas costas de Portugal, Galicia e o Reino Unido, de maneira que os resultados contribuirán a cumprir cos obxectivos e prioridades dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (2030), o Global Partnership on Marine Litter e a Estratexia de Honolulu, a Directiva Marco da Estratexia Mariña Europea (MSFD) e a iniciativa da economía circular da Unión Europea.

Publicidade

Da USC, lideran o traballo socioeconómico os profesores Sebastián Villasante e Manel Antelo e os investigadores Pablo Pita Orduna e Joao Garcia-Rodrigues. Ademais, participan as Universidades de Aveiro (Portugal) e Newcastle (Reino Unido), o Centro de Robótica e Sistemas Autónomos (CRAS) de Portugal, o Royal Lankhorst Euronete Group e a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI).

NetTag conta cun orzamento de 493.063 euros e está financiado pola Executive Agency for Small and Medium sized Enterprises (EASME) da Comisión Europea.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas

Un equipo galego mide a contaminación mariña de forma temperá a través de ourizos de mar

Os cambios na temperatura e outros elementos nocivos afectan a nivel xenético e celular os animais, un marcador precoz de alteracións ambientais

Detectada unha forte diminución de metais tóxicos nas algas da costa galega

Un equipo da USC rexistra menor presenza de cobre, cadmio, mercurio e cromo pero acha un aumento do arsénico

O cambio climático leva a produción de mexillóns a niveis “nunca vistos”

Un estudo do CSIC advirte da situación "ameazante" para o sector por factores como o aumento da temperatura do mar, a acidificación oceánica e cambios nos patróns de afloramento