O plan do Pentágono para transmitir virus con insectos alarma aos científicos

Podería ser un guion de ciencia ficción, pero é tan real que un grupo de científicos acaba de advertir en Science do risco que supón o proxecto. A axencia DARPA (Defense Advanced Research Projects Agency) dependendente do Departamento de Defensa dos Estados Unidos, puxo en marcha en 2016 o proxecto Insect Allies (Insectos aliados), co que pretenden usar estes animais para protexer os cultivos de ameazas naturais, como o frío ou a seca, e de posibles ataques externos.

E a finais de 2017 deuse a coñecer que catro proxectos nos que participan científicos estadounidenses serían financiados polo Pentágono para desenvolver Insect Allies. Estas investigacións, xa en marcha, traballan para conseguir transmitir xenes modificados a través de virus que portan os insectos e introducilos no código xenético das plantas para modificalas e, deste xeito, facelas máis resistentes ás ameazas.

Publicidade

“O programa podería ser percibido como un esforzo para desenvolver axentes biolóxicos con obxectivos hostís”

En teoría, segundo argumenta o Pentágono, sería un proxecto destinado a fins defensivos, pero Insect Allies podería ser, segundo algúns científicos, unha arma de dobre fío. Nunha carta publicada en Science, un grupo de investigadores alemáns e franceses especializados en ética, xenética e biotecnoloxía advirten dos perigos do plan do goberno estadounidense.

“O programa podería ser percibido como un esforzo para desenvolver axentes biolóxicos con obxectivos hostís, o que suporía un conflito de acordo á Convención de Armas Biolóxicas (BWC) sinalan os expertos. Así, o uso de insectos para propagar estes virus que modifiquen o código xenético das plantas é unha alternativa menos eficaz e controlada que outras que xa existen, segundo os autores da corta. Sosteñen tamén que Insect Allies “podería abrir a caixa de Pandora” para que outros países comecen a desenvolver os seus propios proxectos, entrando así nunha carreira de impredicibles consecuencias.

Publicidade

Os responsables do Pentágono xa responderon á carta publicada en Science. Blake Bextine, coordinador da iniciativa, publicou un texto no que sinala que Insect Allies só ten propósitos pacíficos. E engade que o proxecto está en constante revisión por parte de axencias gobernamentais de seguridade agrícola e ten múltiples filtros de seguridade e protocolos de actuación. “Non creo que nin a opinión pública nin a comunidade internacional deban estar preocupados”, declarou Bextine ao The Washington Post.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas