O cambio climático leva a produción de mexillóns a niveis “nunca vistos”

Un estudo do CSIC advirte da situación "ameazante" para o sector por factores como o aumento da temperatura do mar, a acidificación oceánica e cambios nos patróns de afloramento

“A acuicultura do mexillón está ante unha situación ameazante”. Así de contundente se amosan os autores dun estudo do Centro Superior de Investigacións Científicas que radiografía o estado do sector bateeiro en Galicia, que domina a produción estatal e europea deste molusco bivalvo.

O remate de 2023, a produción tocou chan. Recolléronse menos de 200.000 toneladas, unha situación só observada en tres ocasións desde a década de 1990. A foto non mudou ao longo de 2024. Máis ben todo o contrario, xa que se deu unha nova baixada ata as 145.000 toneladas, un 21% menos que dúas décadas atrás.

Publicidade

De seguir esta tendencia, que os investigadores vinculan con factores asociados ao cambio climático, as consecuencias poderían ser dramáticas para a ría de Arousa, xa que existe un risco de colapso para a industria conserveira da que depende boa parte da súa economía.

“É fundamental reflexionar sobre estratexias de mitigación para protexer a estabilidade económica e social da industria”, sinalan Mario Soliño Millán e Antonio Figueras Huerta, autores do estudo publicado recentemente na revista ‘Aquaculture’.

Publicidade

Receitas para mitigar os efectos

Mexillóns

Os investigadores, que basean as súas conclusións na análise das entrevistas feitas a 59 persoas do sector mexilloneiro (a maioría mulleres, cunha media de idade de 50 anos), apuntan que as causas deste descenso produtivo ata niveis non vistos desde finais do século XX “non están claras”, pero cren que poden estar asociadas ao cambio climático.

“As causas exactas desta caída aínda non están claras, pero crese que factores climáticos como o aumento da temperatura do mar, a acidificación oceánica e os cambios nos patróns de afloramento poden ser claves”, conclúen Soliño Millán e Figueras, membros do Instituto de Investigaciones Marinas do CSIC.

A produción de mexillón foi un dos piares sobre os que sustentou o desenvolvemento social e cultural das localidades costeiras das Rías Baixas, polo que as brétemas que se albiscan no horizonte para o sector poñen en risco de colapso a industria conserveira, o que desencadearía unha crise social e económica en áreas como a ría de Arousa.

Biotoxinas nos estuarios

A presenza de biotoxinas nos estuarios supón un grave perigo para a supervivencia das bateas. Tamén o son os cambios drásticos que se agardan nas condicións das rías galegas durante as próximas décadas.

Para evitar un desenlace fatídico que podería levar a que unha das principais áreas produtoras hoxe en día de mexillón a nivel mundial teña que tirar doutras zonas para abastecerse, os investigadores poñen sobre a os camiños polos que Galicia debe transitar.

O primeiro deles é a necesidade de afrontar o problema da mexilla, a semente que se emprega nas bateas e que mantén enquistadas as relacións entre o mexilloneiros e os percebeiros.

Encarar os desafíos que trae o cambio climático e fomentar o relevo xeracional cun reforzo do coñecemento científico e social da súa actividade son outras das chaves para os investigadores, que avogan por facer da “orixe Galicia” un distintivo de calidade e saúde no produto a nivel internacional.

Os cambios ambientais ameazan os sistemas de produción. É necesario adoptar medidas estratéxicas urxentes que poidan asegurar o futuro del sector”, conclúen Soliño Millán e Figueras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Como defendernos dos mosquitos: que funciona e que non contra esta praga estival

Os repelentes con DEET e picaridina seguen as ser os máis eficaces, mentres que as velas de citronela, pulseiras ou ultrasóns carecen de respaldo científico