A Coruña celebrou o Día da Ciencia na Rúa

A Coruña é unha cidade de ciencia, e este sábado volveu demostralo. O Parque de Santa Margarida, onde se inaugurou hai máis de 30 anos a Casa das Ciencias, marcando un antes e un despois na divulgación científica en Galicia, acolleu o 23º Día da Ciencia na Rúa.

Centos de nenos e mozos de máis de 40 centros educativos aprenderon divertíndose. E ademais, os tres museos científicos (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium), xunto co Muncyt, o museo arqueolóxico, a Torre de Hércules e a Fundación Gas Natural Fenosa, teiveron as portas abertas a todo o público, de xeito libre e gratuíto, desde as 11 ata as 19 horas.

Publicidade

A Casa das Ciencias cumpría o seu 30 aniversario.
A Casa das Ciencias cumpría o seu 30 aniversario.

Houbo tamén presenza de institucións como a Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ou a Facultade de Ciencias da UDC, O Centro Oceanográfico da Coruña, o Inibic, o Servizo Municipal de Educación, a Axencia Galega de Doazón de Órganos ou o Muncyt, nos que tamén se explicaron os traballos que desenvolven no seu día a día.

En canto á parte máis lúdica houbo, entre outros atractivos, un xadrez xigante de 3×3 metros, animación con xigantes e cabezudos, un concerto da Banda Municipal de Música, espectáculos teatrais, obradoiros de cestería, grafiti e arte urbana, deseño de produtos electrónicos, radio, e xogos tradicionais.

Publicidade

A actividade foi organizada polo Concello da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses e a Asociación de Amigos Casa das Ciencias, que precisamente este ano cumpre o seu 25º aniversario.

Obradoiro científico no Día da Ciencia na Rúa. Foto: AACC
Obradoiro científico no Día da Ciencia na Rúa. Foto: AACC

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos

Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos