Apúntate á aventura coas focas do Aquarium Finisterrae da Coruña

Durante os meses de outubro, novembro e decembro, o Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses ofrecerá durante as fins de semana a actividade “Aventura coas focas”, unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida destes mamíferos mariños e na súa alimentación. A actividade terá lugar os sábados e domingos ás 11 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta.

É posible prenscribir a tres persoas por solicitude, e poderase escoller entre as datas do 6, 7, 20, 21, 27 e 28 de outubro, 10, 11, 24 e 25 de novembro e 1, 2, 15 e 16 de decembro.

Publicidade

Para participar hai que preinscribirse o luns 1 de outubro entre as 10 e as 13 horas. Ofrécense 140 prazas (10 participantes por día). Unha vez confirmada a inscrición, as persoas participantes deberán abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Podes acceder ao formulario de preinscrición nesta ligazón, a partir das 10 horas do luns.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades