A Domus organiza un curso sobre vacinas dirixido a profesores

O cuestionamento pseudocientífico sobre as vacinas está a provocar nos últimos anos serios problemas de saúde pública. A pesar das evidencias da súa importancia e do esforzo por parte de científicos, médicos e autoridades sanitarias, hai quen aínda dubida da súa relevancia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Neste senso, os Museos Científicos Coruñeses organizan nas vindeiras semanas o curso “Vacinas, ferramentas de prevención”, co que pretenden achegar aos docentes de Educación Secundaria as claves para coñecer de preto a necesidade da inmunización.

Para participar nas xornadas é necesario preinscribirse a través dun formulario electrónico que estará dispoñible na dirección https://goo.gl/forms/M7zyVxxX2p1Y2Ihe2, a partir do mércores 24 de outubro ás 10 horas.

Publicidade

As sesións terán lugar na Domus os días 8, 22 e 29 de novembro a partir das 16.30 horas. A actividade está organizada pola Domus e IrsiCaixa, o Instituto de Investigación da Sida de Badalona, coa colaboración da Obra Social “la Caixa”.

Programa:

Sesión 1- Xoves 8 de novembro
16:30 Benvida e presentación do curso. Patricia Barciela, directora técnica da Domus.
16:40 Presentación de Xplore Health, un portal europeo educativo sobre a investigación biomédica. Jose Viñas, dinamizador do curso.
16:50 Presentación do novo módulo Xplore Health: «Vacinación, ferramentas clave para a prevención». Jose Viñas, dinamizador do curso.
17:00 «Actualidade científica: as vacinas hoxe». Bibiana García Visos. Técnico de Desenvolvemento dos Museos Científicos Coruñeses.
18:15 «Xplore Health debate: recursos de diálogo sobre as vacinas». Marta García, coordinadora de educadores dos Museos Científicos Coruñeses.

Sesión 2- Xoves 22 de novembro
16:30
 «Unha visión actual da primeira campaña de vacinación da historia: A Real Expedición Filantrópica da Vacina». Carlos González Guitián. Asociación Isabel Zendal. 
17:15
 «A Asociación Isabel Zendal: difundindo o protagonismo de Galicia na Expedición da Vacina». Fernando Mateo. Asociación Isabel Zendal. 
18:15
 «As vacinas na saúde pública». Pilar Farjas. Asociación Isabel Zendal.

Sesión 3- Xoves 29 de novembro
16:30 
«Innovando en educación científica: Presentación e posta en práctica dos recursos educativos da guía docente Expedición de la vacuna de la viruela». Xacobo de Toro, David Eiroa e Jose Viñas, docentes e autores da guía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Entre a volta ás aulas e o descenso da vacinación en Europa: cales son as vacinas necesarias na infancia?

O calendario infantil marca que os bebés recibirán a maior parte das súas doses durante o seu primeiro ano de vida

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación