Xornada de divulgación sobre a identidade de xénero na Domus da Coruña

A Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas A Coruña) e os Museos Científicos Coruñeses organizan para o vindeiro venres 12 de outubro unha xornada de divulgación (Divulgatón) sobre a identidade de xénero, dirixida a persoas de entre 16 e 25 anos.

A actividade, que terá lugar de 10 a 20 horas na Domus da Coruña, terá lugar mediante a metodoloxía do que se coñece como ‘hackaton’, ou competición colaborativa, na que se abordará a temática da identidade de xénero desde unha perspectiva científica, social e cultura.

Publicidade

Os grupos de traballo desenvolverán unha iniciativa, que poderá ser unha actividade, módulo ou publicación, que podería desenvolverse na Domus en torno á temática da identidade de xénero. Ao acabar o evento, todos os grupos expoñerán o seu proxecto e unha das ideas será seleccionada para ser executada.

A asociación Alas A Coruña, que desenvolve a súa actividade desde hai varios anos, avoga pola defensa dos dereitos das persoas LGTB, denunciando a través dos medios de comunicación e mediante actos públicos os casos de discriminación e marxinación que sofren, así como ofrecer apoio e información a quen o solicite. Para máis información, pódese consultar a súa páxina en Facebook.

Publicidade

Para participar é preciso preinscribirse a través de formulario electrónico o mércores 3 de outubro, dispoñible na dirección https://goo.gl/forms/npk65S74Z94Dth0B3

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre