O CERN suspende a un científico por negar a discriminación ás mulleres na ciencia

A pasada semana, o Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) celebrou o primeiro simposio sobre Teoría de Altas Enerxías e Xénero, no que se abordaban os últimos avances nesta disciplina e se debatía tamén sobre cuestións de igualdade neste eido.

Todo parecía ir segundo o previsto, pero nunha das 38 presentacións, un científico da universidade de Pisa (Italia), Alessandro Strumia, realizou unha presentación que indignou a moitos dos asistentes.

Publicidade

Strumia comezou a afirmar, por exemplo, que “a Física foi inventada e construída por homes, non por invitación“, e que “Curie e outras científicas foron benvidas despois de demostrar o que podían facer, gañar premios Nobel, etc.”.

“A ciencia e a Física estanse volvendo sexistas contra os homes”, afirmou

Engadiu, ademais, que os homes tamén sufriron discriminación no pasado por ser eles os que participaban nas guerras e morrían ou polas cotas de xénero. Nun dos gráficos, o científico italiano tamén deixaba caer que, aínda que os homes teñen maiores taxas de citacións, as mulleres son contratadas aínda así en maior medida.

Publicidade

Nunha ilustración (a que encabeza esta información), o poñente deixou caer tamén que existían prexuízos entre as mulleres á hora de criticar a desigualdade nas carreiras científicas e tecnolóxicas (STEM).

As reaccións dos asistentes comezaron a circular polas redes sociais. Jessica Wade, investigadora do Imperial College de Londres presente na xornada, expuxo na súa conta de Twitter o que estaba pasando.

Reacción do CERN

Ante as afirmacións de Strumia, o CERN publicou un comunicado no que sinalaba que a súa presentación “era inaceptable en calquera contexto profesional, e contrario ao código de conduta do CERN”, polo que decidiu eliminas as diapositivas do seu repositorio en liña.

Este luns, o organismo suspendeu a Strumia de “calquera actividade no CERN con efecto inmediato”, e deixou a porta aberta a investigar o que aconteceu.

Strumia mantén a súa visión

Non en tanto, o científico italiano non rectificou as súas declaracións. En conversa coa BBC, afirmou: “A xente di que a Física é sexista, ou que é racista. Eu só fixen algunhas comprobacións e descubrín que non o é, que o que pasa é que se está volvendo sexista contra os homes”. E engadiu a The Guardian: “Gústame a Física e a ciencia porque todo o mundo pode facer o que quere. Non me gusta cando hai enxeñaría social para decidir cantos homes, mulleres e categorías debería haber”.

 

 

 

1 comentario

  1. ten razón en protestar contra as cotas
    non se pode ser físico porque hai poucas mulleres físicas, pero hainas
    existen mulleres ensinando física

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy

Galicia consolídase na elite da física mundial: “Queremos facer un descubrimento relevante”

O IGFAE participará na análise de datos de colisións e na mellora do 'software' do experimento do CERN para optimizar a detección de fenómenos pouco coñecidos

O IGFAE incorpórase ao experimento do CERN que observou o bosón de Higgs

O profesor Xabier Cid será o responsable da participación do Instituto nesta colaboración internacional que reúne máis de 6.000 persoas de case 60 países