Os paquetes de turismo científico de Mar de Ciencia, á venda este mércores

Este mércores 3 de outubro póñense á venda os paquetes de turismo científico que impulsa o proxecto Mar de Ciencia. Desde o vindeiro día 12, poderase disfrutar de estancias de 1, 2 ou 3 días nas Illas Atlánticas, da man de expertos en diversas disciplinas, para coñecer en profundidade a natureza e a paisaxe do arquipélago que conforman Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Durante a viaxe desde a Costa ata as Illas insistirase no avistamento de aves e cetáceos, o coñecemento das furnas mariñas e outras actividades de exploración no ecosistema mariño. Do mesmo xeito, aproveitarase a noite para facer observacións astronómicas, xa que as Illas Atlánticas están tamén acreditadas co destino Starlight, que recoñece aos ceos limpos de contaminación luminosa.

Publicidade

Os paquetes de Mar de Ciencia inclúen tamén un ‘kit’ de explorador, con comida especialmente preparada para facer unha merenda científica, ben nas Illas ou no mar. Do mesmo xeito, tamén se inclúen lugares específicos para pasar a noite, ben en cámpings, como en hoteis ou casas rurais.

Toda a iniciativa enmárcase dentro da idea de turismo sostible que impulsa Observer Science Tourism, entidade que acreditou ás Illas Atlánticas no pasado ano co selo de destino de turismo científico. Terase en conta que “un maior coñecemento dos recursos naturais implica sempre unha mellor conservación“. Deste xeito, nas viaxes de Mar de Ciencia vaise remarcar tamén a importancia da redución de residuos, a reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Publicidade

O proxecto presentouse o pasado venres no edificio Cambón de Vigo. Na iniciativa participan, ademáis de Observer e Habitaq, Cies.gal, Vioviajes, Wireless Galicia e Luzlux. Mar de Ciencia está cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Muinisterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e os fondos Feader da Unión Europea.

Máis información na páxina web de Mar de Ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos