O científico Lluís Montoliu imparte unha conferencia na Coruña este luns 14

As tecnoloxías CRISPR son unha das grandes esperanzas da xenética. Estas ferramentas poderían permitir alterar a vontade a secuencia de ADN de calquera organismo. Pero a súa aplicación aínda está nunha fase moi inicial. En España, expertos como Francis Mojica ou Lluís Montoliu estudan estas ferramentas. Este luns 14 de maio, Montoliu, investigador do Centro Nacional de Biotecnología do CSIC, falará na Domus da Coruña, nunha charla que levará por título “Editando o noso ADN coas ferramentas CRISPR: realidades e desafíos”. A charla, que será de acceso libre e gratuito, terá lugar na sala Leonardo da Vinci da Domus a partir das 19.30 horas.

Na conferencia, Montoliu explicará que son, de onde veñen e para que serven as ferramentas CRISPR. A través de exemplos sinxelos, ilustrará as súas múltiples aplicacións en edición xenética. Unha tecnoloxía chamada a revolucionar a bioloxía, a biotecnoloxía e a biomedicina. Con todo, a técnica ten tamén limitacións e desafíos que haberá que afrontar para garantir a súa aplicación no mundo real, asuntos que tamén abordará o científico.

Publicidade

Montoliu (Barcelona, 1963) é licenciado en Bioloxía e doutor en Xenética Molecular pola Universitat de Barcelona. É membro do Comité de Dirección do  Centro de Investigación Biomédica en Red en Enfermedades Raras (CIBER-ER, ISCIII), e profesor honorario da Universidad Autónoma de Madrid. Leva máis de 20 anos investigando o xenoma e traballa con modelos animais para o estudo de enfermidades raras do ser humano. Entre 2006 e 2014 presidiu a Sociedad Internacional de Tecnologías Transgénicas (ISTT), da que foi fundador, e participa na dirección de sociedades científicas internacionais (IMGS, ESPCR ou IFPCS). Tamén forma parte do Comité de Ética do CSIC e do panel de Ética do European Research Council. Desenvolve tamén unha intensa actividade como divulgador científico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades