A Domus da Coruña acolle un festival de cine robótico

A Domus da Coruña celebra esta fin de semana o Ros Film Festival, un evento de cine robótico que combina tamén arte e investigación. O festival, que se celebrará os días 19 e 20 de outubro, dá cabida a creadores e directores de cine pero tamén investigadores, científicos e enxeñeiros que queiran converter os seus traballos e proxectos en curtametraxes.

Nestes días, ademáis das proxeccións e curtas e sesións divulgativas, o público xeral poderá asistir a obradoiros sobre teatro robótico impartidos por expertos no eido, que terán lugar o sábado 20 ás 10:30, 12:30 e 16.00 horas. Para participar neles, os interesados poderán inscribirse neste formulario electrónico que abrirá o martes 16.

Publicidade

Programa do Festival Ros de Cine Robótico

Venres 19, ás 18.30: proxección de curtas do ROS Film Festival I. A continuación, charla debate “¿A quién importan los robots?“, coa intervención de Ricardo Domínguez. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar capacidade.

Sábado 20 ( 10:30, 12:30 e 16.00 horas): Obradoiros de teatro robótico, dirixidos a persoas de 10 a 18 anos.

Ás 18.30: Proxección de curtas do ROS Film Festival II. A continuación, charla debate Robots en la gran pantalla, coa intervención de Ángeles Gómez. Para todos os públicos. Entrada libre ata completar capacidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos