Estrea de “A noite é necesaria”

A Casa das Ciencias dos Museos Científicos Coruñeses (mc2) acolle esta tarde ás 18 horas a estrea de “A noite é necesaria“, a última película producida polos mc2, que conta tamén coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt). A cita terá lugar no Planetario do museo coruñés.

“A noite é necesaria” é un proxecto que aborda o problema da contaminación luminosa e o seu efecto na natureza e a saúde das persoas. Este asunto, que naceu como unha preocupación dos astrónomos pola perda do ceo estrelado, estendeuse tamén nos últimos anos a outras disciplinas debido a estudos científicos que demostraban os seus efectos negativos.

Publicidade

As imaxes de “A noite é necesaria” foron tomadas en cidades españolas participantes no proxecto apoiado pola Fecyt. Na iniciativa tamén colabora a Agrupación Astronómica Ío, que produciu diversos materiais e accións divulgativas sobre a conservación do ceo escuro. Neste mesmo senso, a cidade acolleu en maio a primeira edición do Encontro da Noite, que reuniu a expertos de diversos eidos e que remarcou a necesidade de promover os ceos limpos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así capta unha fotografía astronáutica a iluminación nocturna de Galicia

Este mosaico constitúe a primeira representación en cor da noite europea, elaborado con máis de 7.000 imaxes tomadas dende a Estación Espacial Internacional

Millóns de luces e unha pregunta: que custo ten o Nadal de Vigo na saúde e no ambiente?

A exposición prolongada á iluminación artificial, que na cidade olívica pode estenderse ata dous meses, ten efectos sobre os ritmos circadianos e a biodiversidade nocturna

O mar baixo as luces: a contaminación luminosa como inimigo da vida mariña

En certas zonas portuarias, as poboacións de peixes presa diminúen un 25% e a taxa de supervivencia dos xuvenís é un 30% menor

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades