Así capta unha fotografía astronáutica a iluminación nocturna de Galicia

Este mosaico constitúe a primeira representación en cor da noite europea, elaborado con máis de 7.000 imaxes tomadas dende a Estación Espacial Internacional

O brillo de Galicia durante a noite, visible mesmo dende satélites en órbita, é o resultado de millóns de fontes de luz artificial. Unha imaxe publicada pola Axencia Espacial Europea (ESA) no seu perfil de X amosa o desenvolvemento urbano a través dun mosaico elaborado a partir de máis de 7.000 fotografías tomadas en 2017 por astronautas dende a Estación Espacial Internacional. Nela pódese apreciar con claridade a iluminación no conxunto das Rías Baixas, asi como diversos puntos de luz correspondentes a cidades como Santiago de Compostela ou A Coruña, unha das zonas máis luminosas do territorio galego. Pola contra, o interior aparece moito máis escuro, con menor presenza de iluminación artificial.

Este fenómeno reflicte o desenvolvemento urbano, pero tamén suscita interrogantes sobre o consumo enerxético e a contaminación luminosa. Neste contexto, a fotografía astronáutica convértese nunha ferramenta fundamental para que a comunidade científica poida cartografar a luz artificial.

Publicidade

Porén, esta imaxe agocha un segredo: “A maioría das imaxes que se ven de Europa pola noite son interpretacións artísticas de imaxes en branco e negro, non na cor real”, explica Alejandro Sánchez de Miguel, da Universidade Complutense de Madrid e do Insituto de Astrofísica de Andalucía.

Transición cara á luz branca

Dende a ESA explican que as distintas cores da iluminación nocturna representan diferentes tecnoloxías: os tons máis cálidos e avermellados adoitan corresponder a fontes de luz de sodio, mentres que as emisións máis brancas e azuladas son propias das lámpadas con tecnoloxía LED empregadas nas rúas.

Publicidade

Con todo, nos últimos anos produciuse unha transición lumínica cara a iluminación branca e azulada que, segundo a comunidade científica, altera os ciclos nocturnos naturais. O exceso de luz artificial interfire no ritmo circadiano dos organismos vivos, incluídos os seres humanos, xerando efectos negativos tanto na saúde como nos ecosistemas.

Un estudo científico identificou tres impactos negativos principais da contaminación luminosa: a supresión da produción de melatonina, a alteración do comportamento dos insectos e morcegos ante a luz, e a perda de visibilidade das estrelas no ceo nocturno.


Podes consultar a evolución da luz en Europa entre 2017 e 2022 na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica