Pódcast | Industria intelixente: como construír a fábrica do futuro

O investigador do CITIC Óscar Fontenla Romero participa nun novo episodio de O Descodificador centrado no proxecto Casandra

Analizar datos en tempo real, mellorar a seguridade dos traballadores, reducir custos e optimizar as etapas de fabricación. Estes son algúns dos trazos clave para unha industria intelixente. É dicir, unha industria que empregue tecnoloxías avanzadas para unha xestión sostible e eficiente de todos os seus procesos. O obxectivo é construír unha fábrica intelixente e, para iso, está o proxecto Casandra, unha iniciativa na que participa o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC).

O proxecto é o protagonista do novo episodio de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co centro coruñés. Convidamos ao catedrático e experto en ciencias da computación e intelixencia artificial Óscar Fontenla Romero, quen está inmerso no proxecto Casandra, que arrincou este ano. Durante o episodio afonda nas claves da iniciativa, nas melloras que podería introducir na industria metalmecánica na que se centra o proxecto e nas achegas do CITIC, que se enfoca sobre todo na intelixencia artificial.

Publicidade

“O proxecto Casandra é ambicioso e complexo”, describe Fontenla Romero. O investigador admite que hai que superar obstáculos para lograr os obxectivos. Por exemplo, como integrar as múltiples tecnoloxías que se están a empregar na iniciativa: intelixencia artificial, robótica, realidade virtual e aumentada… Así mesmo, hai que facer unha axeitada xestión dos datos, que moitas veces están incompletos. E menciona, tamén, as dificultades coas que se poden atopar á hora de que o persoal acepte os novos procesos de automatización introducidos por proxectos como Casandra.

De momento, a iniciativa acaba de arrincar. Levan menos do 25% desenvolvido pero xa traballan coa vista posta no futuro. Agardan que no terceiro ano, dun total de catro, poidan comezar as demostracións e a implantación dos novos métodos tecnolóxicos nas empresas participantes. Talvez, aventura Fontenla Romero, os resultados extraídos de Casandra poidan empregarse no futuro para outros sectores, máis alá do metalmecánico.

Publicidade


  • Escoita O Descodificador en todas as nosas plataformas de podcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser
  • O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027, co obxectivo temático de promover “unha Europa máis intelixente: transformación innovadora e intelixente” (ED431G 2023/01).
Laura Filloy
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación