Martes 3 Decembro 2024

O raro fenómeno da chuvia de ras, peixes e mariscos

A semana pasada, a cidade costeira de Qingdao no leste de China experimentou unha tormenta masiva, con criaturas mariñas que presuntamente caían do ceo no medio dos ventos e fortes choivas. Os residentes levaron ás redes sociais fotos desta ‘choiva de marisco’, que incluía gambas e estrelas de mar salpicadas contra parabrisas de automóbiles, e mesmo unha espectacular foto dun polbo que caía do ceo.

Mentres que a imaxe do polbo é unha falsificación divertida pero obvia (esta é a silueta orixinal), está lonxe de ser a primeira vez que se informa da choiva de mariscos na historia humana.

Publicidade

As novas e lendas anteriores tamén implicaron a choiva doutros bechos como ras, paxaros mortos , vermes e mesmo arañas. Con todo, tales estraños eventos de “choiva de animais” considéranse bastante raros. E, por desgraza, os científicos aínda non teñen evidencia directa das causas, aínda que existen algunhas hipóteses plausibles.

Choiva de ras no filme 'Magnolia' de Paul Thomas Anderson.
Choiva de ras no filme ‘Magnolia’ de Paul Thomas Anderson.

O fenómeno común da choiva (que tan ben coñecemos en Galicia) acontece cando a auga se evapora da superficie da Terra e o vapor arrefríase e condénsase na atmosfera, para caer de novo ao chan. A auga de choiva non é perfectamente pura, xa que eses vapores de auga poden atrapar outras partículas, como a contaminación que causa a choiva aceda, por exemplo.

Publicidade

Pero calquera tipo de animal sería demasiado pesado para elevarse ao ceo deste xeito, polo que debemos buscar un clima máis extremo para obter unha explicación, como os ventos tempestuosos e os tornados. A explicación máis típica para unha choiva de mariscos implica trombas mariñas: enormes columnas de rodopíos de vento que se forman sobre a auga e poden moverse cara ao interior, xeralmente durante unha tormenta severa.

“Como un tornado, unha tromba mariña consiste nun vórtice central de baixa presión rodeado por un funil xiratorio de correntes ascendentes”, segundo explica un artigo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. “O vórtice no centro destas tormentas é dabondo forte como para ‘chuchar’ o aire, a auga e os obxectos pequenos que o rodean”.

Aínda que cientificamente plausible, por agora non temos ningunha observación directa deste fenómeno. Con todo, algúns investigadores pensan que poida que nin sequera necesites unha tromba mariña, porque calquera corrente ascendente de vento suficientemente forte debería ter o poder de atrapar criaturas mariñas e depositalas logo en terra durante unha tormenta.

Como o diario británico The Independent informa sobre esta última tormenta en Qingdao, o vento alcanzou unha tremenda velocidade de 125 km/h que se atopa no nivel superior da escala de Beaufort , o que indica velocidades a nivel de furacán.

'It's raining cats and dogs
‘It’s raining cats and dogs

Hai especulacións de que a choiva de marisco neste caso de China podería responder a que o vento esnaquizou o marisco dun mercado na rúa. O que faría o fenómeno máis doado que se a absorción dos peixes se fixese no mar.

Cando choven gatos e cans

Unha antiga expresión inglesa di ‘It´s raining cats and dogs’ (Están a choer gatos e cans), pero se emprega simplemente cando chove con forza. Non entanto, existen multiples testemuños de choivas de animais dende tempos remotos. Moitas delas non pasan de simples lendas. Na Biblia, fálase de choivas de pedras no caso de Xosué ou de ras nas Dez Pragas de Exipto.

O 16 de febreiro de 1861, tra un sismo en Singapur, as crónicas din que choveron peixes. A revista ‘Scientific American‘ fala dunha chuvia de serpes en Memphis o 15 de xaneiro de 1877. En xuño de 1880, din que houbo unha choiva de paspallás en Valencia. En Birminghan, os xornais falaron dunha choiva de sapos en 1954. E, en xaneiro de 1969, houbo unha choiva de canarios mortos en Maryland, nos Estados Unidos. Estes son só algúns exemplos deste fenómeno que os científicos aínda tenta explicar.

Ás veces, fálase tamén dunha choiva de arañas, pero este fenómeno non implica que teña que caer nin unha soa pinga de auga.  Como foi o caso en Goulburn, en Australia en 2015, cando unha ‘choiva de arañas’ simplemente chegou porque millóns de crías de arañas voaron nos seus pequenos fíos de seda, migrando a un novo lugar. Así que o misterio de cando choven gatos e cans seguirá presente ata que os científicos poidan facer unha observación directa e teñan probas para analizar.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non só en luces led de Nadal: Vigo supera a Londres en néboa e chuvia

A cidade olívica case triplica o número de litros de auga por metro cadrado recollidos de media ao ano en comparación con Londres

Cantos tipos de nubes hai? O manual da UVigo interpretar a meteoroloxía

A través de preguntas curtas, o libro serve para explicar conceptos clave de forma breve, clara e rigorosa ao alumnado

Así chega un furacán convertido en borrasca: radiografía de Kirk e do seu paso por Galicia

O físico Gonzalo Míguez Macho analiza a natureza deste fenómeno meteorolóxico extremo e a súa transformación

Galicia vive unha semana de récord con mareas vivas históricas

Este xoves, as mareas vivas sacudirán as augas galegas a causa da aliñación de Terra, Lúa e Sol nun mesmo plano, con efectos maiores sobre a ría de Foz