A adicción aos videoxogos xa é unha enfermidade para a OMS

A Organización Mundial da Saúde (OMS) deu a coñecer esta semana a súa nova versión (CIE-11) da Clasificación Internacional de Enfermidades, que vén substituír á vixente desde 1990. Esta listaxe é o instrumento fundamental para identificar tendencias e estatísticas de saúde en todo o mundo, e contén arredor de 55.000 códigos únicos para traumatismos, enfermidades e causas de morte. Deste xeito, proporciona unha linguaxe común para os profesionais da saúde en todo o mundo. E anda tamén cos tempos. Así, nesta actualización, aparece por primeira vez a adicción aos videoxogos como un problema a ter en conta.

Así, segundo sinala a OMS na súa categoría de adicción, os trastornos de videoxogo caracterízase por un patrón de comportamentos adictivos, tanto ‘online’ como ‘offline’, manifestados polo descontrol na actividade (frecuencia, intensidade, duración, etc.); unha prioridade crecente cara os videoxogos na vida diaria, por diante doutras aficións e actividades da vida cotiá; e a persistencia na adicción aínda a costa das consecuencias negativas da mesma. Esta adicción ten consecuencias, por tanto, no eido persoal, familiar, social, educacional e laboral, entre outros aspectos.

Publicidade

Deste xeito, a dependencia dos videoxogos inclúese nunha lista na que tamén figuran problemas como a ludopatía, a drogadicción, o alcolismo ou o tabaquismo.

“A CIE permítenos comprender por que as persoas enferman e morren, e tomar medidas para previr o sufrimento e salvar vidas”, explicou nun comunicado Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da OMS. Esta nova actualización, na que se leva traballando máis dun decenio, substitúe á CIE-10, publicada hai 28 anos.

Publicidade

A transexualidade, fóra da lista de saúde mental

Nesta versión, a OMS inclúe novos capítulos; entre elas, a saúde sexual. Así, unha das novidades é a transexualidade, cualificada pola organización como “incongruencia de xénero”, e que ata o de agora estaba incluída nos problemas de saúde mental, e que agora se ubica na lista de “disfuncións sexuais”, polo que fica como unha cuestión física, a falta de adecuación do corpo ao xénero que sente a persoa.

Outra das novidades refírese aos códigos relacionados coa resistencia aos antimicrobianos, un problema crecente de saúde pública no mundo.

Non será ata maio de 2019 cando a actualización CIE-11 se presente na Asemblea Mundial da Saúde para a súa adopción polos estados membros, e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"

Que é o virus Nipah e por que non vai ser a próxima gran pandemia

Trátase dunha zoonose identificada por primeira vez en Malaisia en 1999, orixinada por morcegos e da que só se rexistran casos no sueste asiático

A OMS alerta de que España xa non é un país libre de sarampelo

En 2024 confirmáronse 227 casos e en 2025 a cifra aumentou a 397, cunha alta porxentaxe de persoas non vacinadas e casos importados