Galicia

Os hospitais galegos deron 102 altas por coronavirus entre o mércores e o xoves

Os casos activos son 4.635 e rexistráronse 149 mortes nos hospitais, ás que hai que sumar os 27 falecementos en residencias de maiores

O Instituto Carlos III detecta un retraso na notificación de defuncións en Galicia

Os informes de vixilancia da mortalidade, que xa reflicten o aumento de óbitos na maioría das comunidades, non recibiron aínda os datos de Galicia

O aumento de casos de Covid-19 concéntrase en Lugo e Ourense

As altas hospitalarias en Galicia (333) duplícanse desde o luns, pero contabilízanse xa 130 defuncións desde o comezo da crise polo SARS-CoV-2

Os hospitais galegos recollen plasma de curados como posible terapia

O plasma contén anticorpos neutralizantes que poderían axudar a loitar contra o coronavirus aos pacientes de Covid-19

O que pasou e o que está por vir: así é a situación do coronavirus en Galicia

Alén das cifras diarias sobre a doenza e as comparacións entre países e comunidades, a situación da epidemia a nivel rexional ten varias peculiaridades

A Xunta intervén residencias de maiores en Vigo e Cangas polos contaxios masivos

As residencias da rede DomusVi pasarán a ser residencias integradas, onde só permanecerán os usuarios que padezan coronavirus

Aulas Galegas, a xanela para seguir aprendendo na corentena

A colaboración do profesorado saca adiante un portal con recursos educativos e divulgativos adaptada a diversas etapas e materias do ensino

Case 370 casos e 17 falecidos en centros de maiores e discapacidade en Galicia

Os datos da Consellería de Política Social apuntan a focos de contaxio en instalacións de Vigo, Celanova, Santiago, Crecente, Redondela e A Coruña

Galicia sitúase preto dos 3.500 casos activos tras 584 novos positivos nas últimas horas

Máis de 120 concellos contan con polo menos un caso confirmado, mentres que se produciron xa 79 falecementos desde o 14 de marzo

Domusvi Vigo, zona cero: máis da metade de residentes contaxiados

As residencias de maiores de Galicia xa teñen o 10% de todos os positivos do país, pero faltan centos de probas por realizar

Galicia rolda as 3.000 persoas afectadas e suma 153 altas

Preto de 120 concellos galegos, máis dun terzo do total contan con casos confirmados de coronavirus; o 10%, en residencias de maiores e discapacidade

“Preciso alguén que baixe á farmacia”: a web que conecta voluntarios

A plataforma permite conectar con persoas que precisan quen lle faga a compra ou facer recados que non poden realizar por dependencia ou confinamento

Lugo, Ourense e Vigo concentran o aumento de casos nos últimos días

As altas (95) xa case duplican aos falecementos (50), aínda que segue aumentando a ocupación nas UCI e os hospitais

Máximo de mortos por coronavirus en España: 832 en 24 horas

En total, 5.690 persoas perderon a vida ata o de agora no país, mentres que 72.248 se infectaron

Por que moitos pacientes curan e os anciáns, especialmente, non?

Esta tribuna analiza a diferente resposta inmunitaria entre as persoas novas e as vellas, coas súas complicacións ante o coronavirus SARS-CoV-2

Así funcionan os tests rápidos para detectar o coronavirus

A diferenza da técnica da PCR, que tarda horas, estes kits dan resultado en 15 minutos detectando unha proteína ou anticorpos