Lugo, Ourense e Vigo concentran o aumento de casos nos últimos días

As altas (95) xa case duplican aos falecementos (50), aínda que segue aumentando a ocupación nas UCI e os hospitais

(en actualización – 14 horas) – Dúas semanas despois da declaración do estado de alarma e o conseguinte confinamento da poboación, Galicia volve rexistrar este sábado un máximo de novos casos confirmados por coronavirus SARS-CoV-2. Son 450 novos casos máis, segundo expoñen os datos do Ministerio de Sanidad. Os casos activos, segundo a Consellería de Sanidade, son 2.627, xa que desta cifra se descontan os falecementos e as altas hospitalarias de persoas que están a superar a Covid-19. En canto a concellos, son xa máis de 100, un terzo dos 313 que hai en Galicia, os que rexistran alomenos un caso confirmado de coronavirus. É posible, por tanto, que existan casos en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos, xa que boa parte das persoas afectadas están sendo atendidas nos seus domicilios e só se informa desde Sanidade dos casos por cada unha das sete áreas sanitarias.

En atención a estas cifras que achega a Xunta, actualmente estanse atendendo 597 na área da Coruña-Cee, 219 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 371 na de Ourense-Verín-O Barco, 290 na de Pontevedra-Salnés, 633 na área de Vigo, 454 na de Santiago-Barbanza, e 63 na de Ferrol. O aumento respecto aos días anteriores é meirande en Lugo e Ourense (áreas con menor poboación, pero con 79 e 69 casos na última actualización) e Vigo, que volve ser a área con máis persoas afectadas, sumando 124 máis respecto ao venres (unha cuarta parte do total de Galicia).

Publicidade

Así foi a evolución por áreas sanitarias na última semana.

Do total de pacientes que cos datos consolidados o xoves ás 21 horas están sendo atendidos polo novo coronavirus, 110 deles permanecen en UCI (un 4,19%), 556 están en unidades de hospitalización (23,52%) e 1.557 no domicilio (70,99%). Ao peche dos datos difundidos na mañá do venres, o Sergas informaba de 50 falecementos, seis máis có venres. O número de altas, que este sábado son xa 95, medrou tamén de forma considerable nos últimos días, e xa case duplica ao de persoas falecidas.

Publicidade

Así, tendo en conta que estes dous valores deixan de sumar na listaxe difundida pola Consellería de Sanidade, a diferenza entre o número de casos entre venres e xoves é de 414. Mais a cifra real de incremento de casos, que achega o Ministerio de Sanidad contabilizando os casos totais desde o comezo da crise, é de 450, superando á deste venres. Deste xeito, Galicia, que con Aragón e Murcia foi unha das últimas comunidades en detectar focos, volve experimentar o máximo de casos novos. Sanidade tamén informou do número de probas PCR realizadas, que é de 12.885

Por concellos

O aumento de casos nas últimas horas fixo medrar tamén o número de concellos cun mínimo dun caso confirmado por SARS-CoV-2 en Galicia. Son xa preto de 110. Con todo, a incidencia é moi cambiante, toda vez que existen focos meirandes nalgunhas residencias de maiores e persoas con discapacidade, persoal sanitario, ou relacionados con viaxes do Imserso realizados nas datas previas ao confinamento ao Mediterráneo, así como casos importados desde zonas máis afectadas ata o de agora pola doenza. Este é o mapa actual:

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

Esta é a situación actual en España:

Máximo de mortos por coronavirus en España: 832 en 24 horas

En Portugal:

E no resto do mundo, onde os Estados Unidos superaron a China en número de casos:

4 COMENTÁRIOS

  1. Cervo ten mínimo 2 casos confirmados, e Mondoñedo 1 mínimo tamén, por se vos serve para actualizar o mapa

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua