Máximo de mortos por coronavirus en España: 832 en 24 horas

En total, 5.690 persoas perderon a vida ata o de agora no país, mentres que 72.248 se infectaron

España rexistra 832 mortos en 24 horas, o que supón un récord no número de vítimas nun só día, por riba dos 769 dos que se informou o venres. En total, 5.690 persoas perderon a vida ata o de agora no país, mentres que 72.248 se infectaron. Ademais, outras 40.630 necesitaron hospitalización, 4.575 ingresaron na UCI e 12.285 curaron, segundo o último balance do Ministerio de Sanidade.

No mundo, o coronavirus avanza a toda velocidade, e en só sete días dobráronse os contagios. Máis de 600.000 persoas infectaronse co SARS-CoV-2, segundo a Universidade Johns Hopkins, mentres que máis de 27.000 faleceron. En Italia perderon a vida 969 persoas nas últimas 24 horas, a maior cifra de vítimas nun día –tanto no país como no mundo– desde que comezou a crise.

Publicidade

Con estes falecidos, o balance de defuncións é de 9.134 e o de infectados ascende a 86.498. Os Estados Unidos é o país máis golpeado en número de infectados, por encima dos 100.000, e conta máis de 1.500 mortos.

Lugo, Ourense e Vigo concentran o aumento de casos nos últimos días

Mentres en China remiten as mortes e os contagios, a expansión do virus polo resto do planeta xa supera os 605.000 contaxiados en 188 países. En Europa, que decretou o peche das súas fronteiras durante 30 días para conter o virus, Italia é o primeiro país con maior número de casos e o segundo do mundo, seguido de España, segundo a nivel europeo e cuarto a escala global.

Publicidade

Mapa de infectados por coronavirus por CCAA. Fonte: Ministerio de Sanidade.

Aquí podes consultar o último informe do Ministerio de Sanidade

1 comentario

  1. Buenos dias: os diré que soy médico de primaria en ejercicio.
    Ayer observé a una patrulla de la policia solicitar documentaciòn a conductora de un vehículo. Muy bien. Despues de esto y de haber cogido los papeles el guardia sube al vehículo y no desinfecta los guantes, asi como tampoco la conductora.
    Lo mismo sucede y se viò en los reportajes de Tv donde la GC para a un vehículo, le pasa la documentaciòn al conductor, lo manda marchar y no se ve que desinfecte los guantes. Para al siguiente, lo mismo y asi sucesivamente. Me parece muy bien este control .
    Con esto quiero informaros que las propias autoridades haciendo esto, son transmisores del virus si uno de los conductores lo tiene.
    Os rogaría que si podeis le hagais llegar este comentario para que tomen las medidas oportunas. Gracias

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro