Case 370 casos e 17 falecidos en centros de maiores e discapacidade en Galicia

Os datos da Consellería de Política Social apuntan a focos de contaxio en instalacións de Vigo, Celanova, Santiago, Crecente, Redondela e A Coruña

Preto dun 10% dos positivos de coronavirus ata agora en Galicia confirmáronse nas residencias de maiores e persoas con discapacidade, tanto entre usuarios como traballadores destes centros. Segundo os datos achegados por Política Social, 367 usuarios e traballadores de case 40 residencias en máis dunha vintena de municipios das catro provincias teñen confirmado o positivo por coronavirus. Ademais, alomenos 17 persoas faleceron coa doenza nos últimos días.

Os focos principais de contaxios sitúanse na residencia DomusVi de Barreiro, en Vigo (74 usuarios afectados, máis da metade do total, e 11 traballadores), así como na San Carlos de Celanova (45 e 18) e DomusVi de San Lázaro en Santiago de Compostela (23 e 11). Nesta última tivo lugar o maior número de falecidos ata agora, con sete óbitos, o que á súa vez supón tamén case un 9% de todos os falecementos que contabiliza Sanidade en Galicia por mor do coronavirus. Nos últimos días medrou a preocupación pola aparición de novos focos como o da residencia San Pedro de Crecente, con 17 usuarios e 12 traballadoras afectadas.

Publicidade

Domusvi Vigo, zona cero: máis da metade de residentes contaxiados

A preocupación entre as familias e o persoal destes centros é patente, toda vez que hai unha espera de ata 10 días na comunicación das probas. Isto podería incrementar o número de positivos pola doenza nos vindeiros días. Ademais, a listaxe facilitada por Política Social non inclúe o caso de centros como o de Lamastelle, en Oleiros, que xestiona Aspronaga, e no que se informou hai dúas semanas de alomenos 15 casos confirmados e outros 15 baixo sospeita.

A situación dos centros de maiores, persoas con discapacidade e outros colectivos de risco é un dos asuntos delicados na crise que se está a afrontar en España, toda vez que se teñen producido polo menos numerosos falecementos por coronavirus entre persoas que residen nelas. Segundo datos aos que tivo acceso a Cadena Ser, máis de 1.500 persoas maiores faleceron ata o pasado xoves en España. Estes casos están incrementando notablemente as taxas de letalidade en comunidades como Madrid, Cataluña, Castilla-La Mancha, Andalucía e Aragón. A gran maioría dos usuarios destes centros son maiores de 70 anos, un rango de idade no que se concentran máis do 85% das mortes por coronavirus, cunha taxa de letalidade moi superior á do resto da poboación. En moitos casos, os maiores de 80 anos xa non entran dentro dos criterios para ser atendidos en UCI, o que complica a súa evolución.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño