Martes 19 Marzo 2024

Galicia sitúase preto dos 3.500 casos activos tras 584 novos positivos nas últimas horas

Máis de 120 concellos contan con polo menos un caso confirmado, mentres que se produciron xa 79 falecementos desde o 14 de marzo

(en actualización – 14 horas) – Galicia superou este luns as 3.400 persoas con positivos confirmados polo coronavirus SARS-CoV-2, segundo os datos achegados pola Dirección Xeral de Saúde Pública no mediodía do luns, referidos á noite do domingo. O crecemento, é lixeiramente maior ao do domingo, e podería deberse, segundo expuxo na comparecencia de prensa do domingo Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, a unha menor notificación de casos nas fins de semana. Segundo os datos do Ministerio de Sanidad, hai 584 casos novos en Galicia este luns. Segundo constatan diversas fontes, son xa máis de 120 os concellos galegos afectados por casos de coronavirus. Preto do 10% dos casos confirmados rexístranse en residencias de maiores e persoas con discapacidade.

En atención a estas cifras que achega a Xunta, actualmente estanse atendendo 807 na área da Coruña-Cee, 289 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 489 na de Ourense-Verín-O Barco, 348 na de Pontevedra-Salnés, 866 na área de Vigo, 529 na de Santiago-Barbanza, e 158 na de Ferrol. O aumento concéntrase en máis do 50% nas áreas da Coruña e Vigo, con 168 e 185 casos máis có domingo, respectivamente.

Publicidade

Os casos activos, segundo a Consellería de Sanidade, son 3.476, xa que desta cifra se descontan os falecementos e as altas hospitalarias de persoas que están a superar a Covid-19.

En canto aos concellos, é posible, por tanto, que existan casos postivos en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos, xa que boa parte das persoas afectadas están sendo atendidas nos seus domicilios e só se informa desde Sanidade dos casos por cada unha das sete áreas sanitarias. Algúns concellos recoñecen a presenza de casos, pero optan por remitirse aos datos que ofrece a Xunta ante a falta de confirmacións oficiais.

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

A incidencia por concellos é moi cambiante, toda vez que existen focos meirandes nalgunhas residencias de maiores e persoas con discapacidade, persoal sanitario, ou relacionados con viaxes do Imserso realizados nas datas previas ao confinamento ao Mediterráneo, así como casos importados desde zonas máis afectadas ata o de agora pola doenza. Este é o mapa actual:

Así foi a evolución por áreas sanitarias na última semana.

Do total de pacientes que cos datos consolidados o xoves ás 21 horas están sendo atendidos polo novo coronavirus, 134 deles permanecen en UCI (un 3,86%), 766 están en unidades de hospitalización (20,57%) e 2.576 no domicilio (74,11%). Ao peche dos datos difundidos na mañá do luns, o Sergas informaba de 79 falecementos, seis máis có venres. O número de altas, que este domingo son 168, medrou tamén de forma considerable nos últimos días. Sanidade informou do número de probas PCR realizadas, que é de 16.118 ata o domingo á noite.

Esta é a situación actual en España:

Lixeira baixa de mortes en España: 812 en 24 horas ata sumar 7.340

En Portugal:

E no resto do mundo, onde os Estados Unidos superaron xa os 140.000 casos e Italia achégase aos 100.000.

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

▪️ As medusas chegan para quedar: “Cada vez haberá máis en Galicia”

Nos últimos días apareceron varios exemplares que puideron ser arrastrados polo temporal marítimo

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela