Martes 19 Marzo 2024

Lixeira baixa de mortes en España: 812 en 24 horas ata sumar 7.340

España acumula 7.340 falecidos e 85.195 contaxiados, co que supera a China no número declarado de infectados, con case 4.000 persoas máis

A cifra de mortos diarios con coronavirus descende lixeiramente en España: 812 nas últimas 24 horas, un incremento do 8% con respecto ao domingo, cando se rexistraron 838, segundo o Ministerio de Sanidade.

España acumula 7.340 falecidos e 85.195 contaxiados, co que supera a China no número declarado de infectados, con case 4.000 persoas máis. Case 17.000 pacientes xa se recuperaron e houbo 47.000 hospitalizados (máis de 5.200 na UCI).

Publicidade

O Goberno informou este luns de que coordinador de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, deu este domingo positivo nun primeiro test para detectar a presenza do coronavirus, e atópase á espera de obter novos resultados que confirmen a infección.

Galicia rolda as 3.000 persoas afectadas e suma 153 altas

O Goberno decretou que durante o período de vixencia do estado de alarma os prezos dos servizos funerarios non poderán ser superiores aos prezos vixentes con anterioridade ao pasado 14 de marzo.

O endurecemento do confinamento aprobado polo Goberno e que deixa a todos os traballadores non esenciais en casa comeza este luns, aínda que se concedeu un día de marxe ás empresas que non poidan cesar a súa actividade de maneira inmediata.

En Italia, o balance de decesos diarios reduciuse por segundo día consecutivo tras rexistrar o domingo 889 defuncións.

O presidente estadounidense, Donald Trump, ampliou as medidas de distanciamento social ata o 30 de abril.

A pandemia contaxiou xa a máis de 723.000 persoas en todo o mundo e deixa 34.000 vítimas mortais, segundo o balance da Universidade Johns Hopkins.

Aquí podes consultar os últimos datos e gráficas do Ministerio de Sanidade

1 comentario

  1. Ola,

    cifra de mortos diarios con coronavirus descende lixeiramente en España: 812 nas últimas 24 horas, un incremento do 8% con respecto ao domingo, cando se rexistraron 838,

    En qué quedamos? desciende, sube? 812 casos non supón un incremento sobre 838…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade