Venres 26 Abril 2024

Galicia rolda as 3.000 persoas afectadas e suma 153 altas

Preto de 120 concellos galegos, máis dun terzo do total contan con casos confirmados de coronavirus; o 10%, en residencias de maiores e discapacidade

(en actualización – 13 horas) – Galicia sitúase este domingo arredor das 3.000 persoas con positivo confirmado polo coronavirus SARS-CoV-2, segundo os últimos datos achegados pola Dirección Xeral de Saúde Pública. O crecemento, menor có dos dous últimos días, podería deberse, segundo expuxo na súa comparecencia de prensa diaria Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias,  tal e como acontece noutras comunidades autónomas, a unha menor notificación de casos nas fins de semana, polo que é posible que durante a xornada do luns se rexistre de novo un notable aumento de positivos confirmados en Galicia. Segundo constatan diversas fontes, son preto de 120 os concellos galegos afectados por casos de coronavirus. Preto do 10% dos casos confirmados rexístranse en residencias de maiores e persoas con discapacidade.

En atención a estas cifras que achega a Xunta, actualmente estanse atendendo 639 na área da Coruña-Cee, 244 na de Lugo-A Mariña-Monforte, 415 na de Ourense-Verín-O Barco, 324 na de Pontevedra-Salnés, 681 na área de Vigo, 480 na de Santiago-Barbanza, e 142 na de Ferrol. Nesta última área os casos duplicáronse en só 24 horas.

Publicidade

Os casos activos, segundo a Consellería de Sanidade, son 2.925, xa que desta cifra se descontan os falecementos e as altas hospitalarias de persoas que están a superar a Covid-19.

En canto aos concellos, é posible, por tanto, que existan casos en máis municipios, aínda que non trascenderan por diversos motivos, xa que boa parte das persoas afectadas están sendo atendidas nos seus domicilios e só se informa desde Sanidade dos casos por cada unha das sete áreas sanitarias. Algúns concellos recoñecen a presenza de casos, pero optan por remitirse aos datos que ofrece a Xunta. Cada vez son máis as comunidades, como Euskadi, Cataluña, Castilla y León ou Murcia, e mesmo países como Portugal, os que ofrecen información co número de casos en cada un dos concellos.

A incidencia por concellos é moi cambiante, toda vez que existen focos meirandes nalgunhas residencias de maiores e persoas con discapacidade, persoal sanitario, ou relacionados con viaxes do Imserso realizados nas datas previas ao confinamento ao Mediterráneo, así como casos importados desde zonas máis afectadas ata o de agora pola doenza. Este é o mapa actual:

(Preme sobre cada un dos concellos para ver máis detalles).

Así foi a evolución por áreas sanitarias na última semana.

Do total de pacientes que cos datos consolidados o xoves ás 21 horas están sendo atendidos polo novo coronavirus, 122 deles permanecen en UCI (un 4,17%), 702 están en unidades de hospitalización (22,52%) e 2.096 no domicilio (71,66%). Ao peche dos datos difundidos na mañá do venres, o Sergas informaba de 61 falecementos, seis máis có venres. O número de altas, que este sábado son xa 153, medrou tamén de forma considerable nos últimos días, triplicándose desde o xoves. Sanidade tamén informou do número de probas PCR realizadas, que é de 14.440.

Esta é a situación actual en España:

Máis dun morto cada 2 minutos: 838 falecidos en 24 horas en España

En Portugal:

E no resto do mundo, onde os Estados Unidos superaron xa os 100.000 casos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica