Os hospitais galegos recollen plasma de curados como posible terapia

O plasma contén anticorpos neutralizantes que poderían axudar a loitar contra o coronavirus aos pacientes de Covid-19

Os hospitais galegos xa puxeron en marcha un protocolo de recollida de plasma sanguíneo de pacientes curados de Covid-19, que podería ser empregado como tratamento ao poseer anticorpos neutralizantes desenvolvidos polo doente que poderían frear o avance do coronavirus.

Os hospitais de Vigo, A Coruña e Santiago xa traballan nesta liña e comezan agora a fase de recollida, tras seleccionar aos poucos pacientes que se teñen curado en Galicia. Está previsto que se recolla a doazón por aférese, procedemento similar ao de sangue pero para recoller plasma. Na aférese tómase un pequeno volume de sangue, sepárase o elemento necesario e restitúense o resto de compoñentes ó doador. O volume extraído é inferior ó 13% do volume total de sangue do doador.  O plasma recupérase no intre da doazón, inxerindo unha axeitada cantidade de líquidos, mentres que as plaquetas se recuperan ás 48 horas.

Publicidade

Está previsto que cada paciente doe 600 mililitros de plasma, que serían dabondo para tratar a dúas persoas.

O Ministerio de Sanidade xa autorizou este programa de recollida de plasma en Galicia, en principio para o ensaio clínico que lidera o Hospital Puerta de Hierro, de Madrid, con outros sete hospitais. En Galicia, os hospitais galegos tamén queren participar nas probas e confían en que nun prazo de dez días comecen a ter plasma.

Publicidade

Todas as mostras de Galicia van ser almacenadas na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Se logo é autorizado o seu uso, será a que distribúa o plasma aos hospitais galegos.

Tratamento con plasma: unha esperanza para os casos graves de Covid-19

O plasma é a grande esperanza inmediata para ter un primeiro tratamento fronte á Covid-19. O experto de urxencias sanitarias da Organización Mundial da Saúde (OMS), o Dr. Mike Ryan, xa apuntou que o uso de plasma convalecente sería un tratamento “moi válido” para probar, pero que era importante conseguir o momento axeitado para maximizar o impulso á inmunidade dun paciente.

“Os anticorpos neutralizantes do plasma obtidos de doantes de sangue recuperados da Covid-19 parecen ser un dos tratamentos máis esperanzadores para os enfermos máis graves”, explica a científica galega Sonia Villapol, investigadora no laboratorio do Hospital Metodista de Houston (Estados Unidos). Este hospital, segundo explica a científica, foi o primeiro do país en probar a terapia nun paciente afectado polo novo coronavirus.

A pasada semana, unha comunicación publicada pola revista JAMA o venres 27 expuxo resultados moi alentadores para o coronavirus con esta técnica, cuxa eficacia demostrouse noutras doenzas infecciosas como a rabia e a difteria. A investigación realizouse no departamento de enfermidades infecciosas dun centro chinés da cidade de Shenzen do 20 de xaneiro de 2020 ao 25 ​​de marzo de 2020. “Nun pequeno grupo de pacientes enfermos críticos, usouse unha combinación de antivirais cunha transfusión de plasma convalecente que se obtivo de cinco pacientes que se recuperaron do COVID-19”, explicou Villapol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla