Da forca á decapitación: as principais formas da pena de morte no noroeste ibérico durante o medievo

A investigación da USC de Abel de Lorenzo, recollida nun libro, documenta os perfís sociais de quen padece e executa este tipo de condenas e como se orixinan

O investigador da Facultade de Historia e do Instituto de Investigación de Humanidades da USC Abel de Lorenzo Rodríguez desenvolveu durante o seu período doutoral unha investigación na que explica que “a forca, o lume, a precipitación, a decapitación ou a crucifixión son algúns dos procedementos que buscaban poñer fin á vida e eran sancionados polas formas de poder nos séculos VIII a XII”.

A súa investigación vén de ser publicada por Comares no libro La horca y el fuego. Una historia social de la pena de muerte en Hispania (700-1200), no que a partir dunha minuciosa análise documental sobre as vítimas e os verdugos, con nomes e vidas que se puideron rastrexar historicamente, identifica as principais formas de pena de morte no noroeste ibérico no período de transición que vai do fin da Antigüidade ata a Plena Idade Media, moitas delas do reino de Galicia.

Publicidade

O estudo versa sobre como a xustiza actuaba de diferentes formas nos corpos dos condenados, especialmente en como se creou o fundamento das execucións nos reinos cristiáns peninsulares. Deste xeito, retrata os perfís sociais da xente que padece este tipo de condenas e como se orixinan: “tanto a inspiración que as move a ser executadas como as negociacións e conflitos sociais que aparece na xustiza penal analizada aquí dende abaixo”.

Na investigación analiza así mesmo o cambio ao longo do tempo duns castigos por outros, dunhas formas de matar por outras e a importancia que a memoria e a sociedade gardaban deste tipo de formas de execución. “Tamén investigo sobre a identidade que reside, especialmente relixiosa, mais tamén de clase, criminal ou de xénero, á hora de aplicar unha execución ou outra”, explica. 
 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla