A directora xeral de Unirisco recibe o Premio Entalpía

O galardón pon en valor o traballo de persoas como Inmaculada Rodríguez Cuervo, que impulsan o talento e a innovación no ecosistema 'startup' nacional

A directora xeral de Unirisco, Inmaculada Rodríguez Cuervo, acaba de ser galardoada co Premio Entalpía na categoría Transferencia Tecnolóxica. Este recoñecemento, que xa vai pola súa segunda edición, ten por obxectivo poñer en valor o traballo das persoas que impulsan o talento e a innovación no ecosistema startup nacional. O acto de entrega celebrouse no Ateneo de Madrid con máis de 250 asistentes, entre os que salientaron distintos actores do ecosistema nacional e impulsores da innovación tecnolóxica.

O evento foi presentado por Claudia Múgica, fundadora dos premios, e quen entregou o galardón a Inmaculada Rodríguez Cuervo. Durante o seu discurso, Múgica salientou a “responsabilidade de apostar por aqueles emprendedores que están dispostos a construír un futuro imaxinable”. Cada un dos premiados recibiu unha escultura do artista vasco Borja Jiménez e o vestiario correu ao cargo de Constanza+lab, un laboratorio murciano de prendas intelixentes.

Publicidade

Oito premiados en sete categorías

Ademais da directora xeral de Unirisco, Entalpía premiou a outras sete personalidades noutras seis categorías. Salienta a de Investimento, que recoñeceu o traballo de Carmen Pumariño como directora de investimentos en Zubi Capital e presidenta de Startup Galicia. En Administración Pública púxose en valor o traballo do alcalde de Málaga, Francisco de la Torre. En Divulgación recibiron o premio o CEO de Factorial, Jordi Romero, e o CEO de Ignit, Bernat Farrero. En Empresa Corporativa, Carlos Aso como CEO de Andbank. Na categoría de Incubadora/Aceleradora recibiu o galardón a directora xeral de Lanzadera, Marta Nogueras. Finalmente, o director da Fundación Damián Rodríguez Olivares, Carlos Cosculluela, foi premiado en Institución Académica.

Foto de familia dos premiados. Foto: Teresco

Galardón honorífico

O Premio Honorífico Entalpía 2026 foi outorgado a Jaime Carvajal e Urquijo. Cofundador e primeiro presidente da Fundación Endeavor España, sendo actualmente o seu Presidente de Honra, durante as súas palabras de agradecemento polo premio puxo en valor o traballo de Endeavor España para contribuír ao ecosistema de emprendemento. “É un mundo para xente valente, disposta a asumir riscos e tamén é un mundo no que destaca a xenerosidade e a disposición para axudar a outros emprendedores”, manifestou.

Publicidade

Os premios Entalpía contan coa colaboración do despacho de avogados Fourlaw; Comillas Emprende; Invest in Madrid, axencia de atracción de investimento estranxeiro da Comunidade de Madrid; e a axencia Burson como media partner, entre outros. Ademais, contan co apoio de entidades como Endeavor, Pons IP, a rede de business angels BigBan e BME Growth.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez, directora de Unirisco: “Investir en ciencia é responsabilidade de todos”

A cuarta edición do evento organizado pola empresa de capital de risco celebrarase en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de febreiro

GCiencia convoca a IX edición dos premios Galicia Spin-off  

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

BioFarma, Alén Space e Neutron Insights reciben os Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Representantes institucionais, académicos e empresariais asistiron ao acto de entrega dos galardóns, que se celebrou en Santiago

Alén Space, BioFarma e Neutron Insights, gañadores dos Premios GCiencia 2024

Os galardóns ás mellores spin-offs e grupo de investigación de Galicia, que este ano fan a súa oitava edición, entregaranse o 12 de novembro no Pazo de San Roque de Santiago