Unirisco cumpre 15 anos financiando empresas que nacen na Universidade

Unirisco Galicia, a primeira sociedade de capital risco especializada no financiamento de empresas de base tecnolóxica impulsada dende a universidade, celebrou este luns na Facultade de Xeografía e Historia o acto central do seu décimo quinto aniversario coa presenza dun cento de personalidades do ámbito universitario e a empresa. Na mesa presidida polo reitor Juan Viaño, tamén estiveron participaron o ex reitor e presidente da RAE, Darío Villanueva; o director xeral e Unirisco Galicia, Martín Rivas Antón; o conselleiro delegado de Innolact, Sergio Martínez Alonso; e o conselleiro delegado de Situm Tecnologies, Víctor Álvarez Santos. A xornada serviu para reafirmar o seu “compromiso de seguir promovendo empresas dende as tres universidades e os centros de investigación galegos” sinalou o reitor Juan Viaño. “A nosa tarefa continúa coa mesma ilusión que hai tres lustros e reforzada pola experiencia adquirida”, engadiu.

Cabeceira do acto do quince aniversario de Unirisco.
Cabeceira do acto do quince aniversario de Unirisco.

Viaño destacou a natureza coa que xurdiu Unirisco en 2001 , “ promover a creación de empresas que aproveiten o coñecemento xerado pola Universidade, sempre baixo criterios de rendabilidade e creación de emprego cualificado e de calidade”. Como lembrou o reitor compostelán Unirisco é unha iniciativa que contou co impulso das tres universidades galegas, procurando complementarse e aumentar así as posibilidades da transferencia de tecnoloxía. A súa capacidade para transcender as fronteiras xeográficas da comunidade autónoma xunto ao interese por convertelo nun proxecto que fose referente no conxunto de España deu lugar, en outubro de 2005, á creación da xestora UNINVEST.

Publicidade

Como sinalou o director xeral de Unirisco e Uninvest, Martín Rivas, neste quince anos de vida, a sociedade financiou máis de 40 compañías de base científica ou tecnolóxica procedentes de centros de investigación universitarios, do CSIC e INIA. A carteira actual está formada por seis empresas galegas de gran proxección como son Nanogap, Situm, Galchimia, Appentra, Pharmatools e Centauri Biotech.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez, directora de Unirisco: “Investir en ciencia é responsabilidade de todos”

A cuarta edición do evento organizado pola empresa de capital de risco celebrarase en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de febreiro

A directora xeral de Unirisco recibe o Premio Entalpía

O galardón pon en valor o traballo de persoas como Inmaculada Rodríguez Cuervo, que impulsan o talento e a innovación no ecosistema 'startup' nacional

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela