Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Deputación da Coruña participa este serán na gala do Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026, que se celebra no auditorio Mar de Vigo. Ao acto acudirá o vicepresidente, Xosé Regueira, e haberá un espazo propio da campaña provincial ‘A paisaxe que sabe’. A cita, organizada por Galicia Fórum Gastronómico, inaugura unha nova etapa do certame, que pasa a ter carácter anual e reforza a súa aposta pola promoción da gastronomía galega, o produto de proximidade e o talento emerxente.

“A gastronomía galega vive un momento extraordinario grazas á combinación do enorme talento das nosas cociñeiras e cociñeiros cunha despensa única, que nace do mellor mar e da mellor terra. Temos produto, identidade e creatividade, e iso convértenos nun territorio de referencia“, sinalou Regueira. A participación da Deputación enmárcase na estratexia de promoción da provincia como territorio gastronómico de referencia, poñendo en valor o produto local, a sustentabilidade e a identidade culinaria coruñesa.

Publicidade

A marca ‘A paisaxe que sabe’ contará cun espazo de seu dentro do evento. Nel, os chefs Iria Espinosa e Luís Veira, do restaurante coruñés Árbore da Veira —distinguido cunha estrela Michelin—, elaborarán distintas propostas para o público asistente. Entre elas, torrada de tinta de lura con bocarte e plancto, molete de polbo á galega e xurela con queixo galego, amorodos e flocos de millo.

A gastronomía coruñesa

A través deste espazo propio de ‘A paisaxe que sabe’ “queremos explicar o éxito dunha provincia que sabe transformar o seu territorio, a súa paisaxe e o seu produto nunha experiencia gastronómica de altísimo nivel“, reivindicou o vicepresidente da Deputación da Coruña.

Publicidade

Xosé Regueira incidiu tamén na importancia de apoiar o talento emerxente e de visibilizar o sector en eventos de referencia. “Os cociñeiros e cociñeiras da provincia da Coruña están a demostrar que tradición e innovación non só poden convivir, senón que son a clave do éxito. Temos unha xeración de profesionais que está reinterpretando a nosa cultura gastronómica desde o respecto ao produto e coa máxima calidade”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade