CIFP Paseo das Pontes, o valor da formación en cociña e gastronomía

Beatriz Sotelo, docente no centro, fala da importancia da ensinanza da especialidade e de facelo con produtos locais e de calidade

Cociñar é unha desas tarefas rutineiras que, con maior ou menor gusto, todas as persoas acaban realizando nalgún momento da súa vida. Con todo, e aínda que poida non parecer tan importante, a cociñar tamén se aprende, e iso é ao que se dedican na especialización de Hostalería e Turismo no Centro Integrado de Formación Profesional Paseo das Pontes, na Coruña.

“Aquí o que damos é unha base para que o noso alumnado estea ben preparado cando saia traballar a restaurantes e grandes hoteis”, conta Beatriz Sotelo, chef e docente de cociña neste mesmo centro. “Ademais, ensinamos todo tipo de cociña, pero si que nos centramos tamén na gastronomía local e no emprego de produtos locais, quilómetro cero e de temporada”, engade.

Publicidade

Sotelo recalca que este tipo de produtos teñen mellor prezo, sabor e calidade. Entre os ingredientes da provincia que adoitan utilizar, atópanse a cebola chata de Miño, o repolo de Betanzos e a pataca de Coristanco. Para este centro é fundamental que o alumnado coñeza os sabores da Coruña.

Unha aprendizaxe que require paciencia e moita práctica

“A cociña ensínase con paciencia, paixón, dedicación e, para min, é unha filosofía de vida”, asegura esta cociñeira e docente. “Aquí temos unha parte teórica, pero na práctica é onde mellor aprenden, porque a mellor forma de que aprendan, é que o fagan eles”, incide.

Publicidade

Sotelo remata falando de como colaboran cos hostaleiros da zona para as prácticas da escola, e de como é preciso darlles máis visibilidade ás mulleres no mundo da gastronomía. Por último, anima a todas as persoas a que se acheguen ata este centro de Formación Profesional para coñecer todo o que teñen para ofrecer.

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos