O tomate negro de Santiago, un froito cargado de cor e sabor

Un equipo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo leva unha década recuperando especies galegas

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam) ás veces érguese rodeado de néboa. Neste lugar localizado en Abegondo, a poucos quilómetros da Coruña, un equipo encárgase de recoller sementes de todo tipo de especies. Isto é así porque manter a variabilidade dos produtos galegos é unha das súas obrigas como centro de investigación.

“A nós chegounos en 2009 o tomate negro de Santiago a través dun produtor que nos deu unhas cantas sementes para que probaramos”, conta Alfredo Taboada, tecnólogo responsable da sección hortícola do banco de Xermoplasma do Ciam. “Plantámolo para ver como era e vimos que era un tomate moi bo, moi produtivo e que tiña moi bo sabor”, sostén.

Publicidade

Ademais desta variedade, o centro encárgase de recuperar outros tipos de tomates e outras especies en xeral. A idea é seleccionar as mellores plantas de cada especie, conservalas e rexistralas unha vez recuperadas para que os produtores as poidan comercializar a continuación. “A idea é que todos estes alimentos cheguen aos consumidores. Ese é un dos obxectivos fundamentais. Porque isto non ten que ser un museo”, explica Taboada.

Un tomate cun sabor moi potenciado

“O tomate negro de Santiago ten un sabor que chama a atención porque non é moi habitual”, asegura o experto. “A xente está afeita a tomates de supermercado, e cando proba un tomate así, que ten un punto de acidez que contrasta co contido en azucre… Todo iso fai que sexa moi saboroso”, argumenta.

Publicidade

Taboada remata recomendando formas de comelo. A mellor, para el, é simplemente cun pouco de aceite e sal nada máis. “Non ten un xeito especial de comelo. Só hai que gozalo”, conclúe.

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

1 comentario

  1. B. D./T./N.,
    O tomate leva tempo perdendo pouco a pouco dúas propiedades organolépticas, en favor de outras importantes, pero que están empeorando preocupantemente o conxunto. A saber…
    1.- a TEXTURA en favor dun amolecemento empalagoso e
    2.- o OLOR que, para quen subscribe, diferencia un verdadeiro tomate dun sucedáneo insípido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación