A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, recolleu en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico. O recoñecemento tivo lugar nos II Premios Planes Gourmet, organizados polo programa de televisión especializado en gastronomía, industria alimentaria e turismo producido por Mediaset España. Regueira destacou que o premio “é un recoñecemento colectivo a todas as persoas que, desde o sector agroalimentario e gastronómico, contribúen cada día a construír unha provincia máis competitiva, máis atractiva e con maior capacidade para xerar riqueza“.

O vicepresidente afirmou que “a gastronomía é moito máis que un produto: é paisaxe, cultura, identidade e tamén unha oportunidade para desenvolver un turismo de calidade que deixa valor no territorio». Deste xeito, considerou que o galardón avala a aposta da Deputación por un modelo baseado “na excelencia, na autenticidade e na sostibilidade, que son os elementos que fan da provincia da Coruña un destino singular e diferenciado“.

Publicidade

Un premio á promoción

O premio supón un novo recoñecemento ao traballo desenvolvido pola Deputación da Coruña no ámbito da promoción turística vinculada á gastronomía, unha das liñas estratéxicas da institución provincial para fortalecer o tecido produtivo, impulsar a proxección exterior do territorio e promover un modelo turístico sustentado na calidade e no respecto polos recursos propios. A organización do premio corresponde a Planes Gourmet, un espazo de televisión centrado no sector gastronómico, na industria alimentaria e no turismo, producido por Mediaset España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

Un prato galego e unha copa gaditana: así foi o evento gastronómico que conectou ambas as cociñas

O proxecto 'Cádiz 365 días do ano' celebrou no restaurante compostelán 'A Horta d'Obradoiro' a nova conexión aérea con Galicia