Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A intervención arqueolóxica en Beira (Carral) ten por obxectivo localizar unha das foxas da violencia franquista que se deu neste lugar. O equipo, que arrincou o seu traballo esta semana, acaba de atopar restos óseos dun individuo. Segundo explican dende o grupo de investigación Histagra, que coordina a escavación dende a Universidade de Santiago (USC) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), o achado encaixa coa descrición recollida no estudo histórico previo, aínda que será precisa a análise antropolóxica forense e o posterior estudo xenético para determinar a identidade da persoa en cuestión.

A intervención rematará o vindeiro venres 17 e constitúe unha primeira cata arqueolóxica que ten como obxectivo determinar a localización dunha das foxas da violencia franquista existentes en Beira. Sábese que entre agosto e setembro de 1936 foron enterradas en varios espazos da contorna da igrexa como mínimo 18 vítimas.

Publicidade

Ademais de Beira, grazas ao convenio asinado entre a USC e a Deputación da Coruña tamén se están a estudar as foxas de Serantes (Ferrol) e Boisaca (Santiago de Compostela). Un equipo multidisciplinar da USC encárgase de desenvolver a investigación baixo a coordinación científica de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, de Histagra. Xurxo Antelo e Lucía Santiago, investigadores do mesmo grupo, ocúpanse da análise histórica. O estudo arqueolóxico é coordinado por José Carlos Sánchez Pardo, do grupo AEVUM, e conta coa empresa Tempos Arquéologos para o desenvolvemento dos traballos en campo. A análise de antropoloxía forense é coordinada polo investigador Edgard Camarós, membro do grupo GEPN-AAT.

No caso de Beira, o estudo histórico previo foi realizado por Xurxo Antelo e contou coa colaboración da asociación Cultura Aberta de Carral, que en 2023 inaugurou no cemiterio de Beira un monumento de homenaxe ás vítimas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

A USC busca vítimas do franquismo no cemiterio ferrolán de Serantes: “Cremos que hai 197 persoas”

Histagra inicia a cata arqueolóxica neste espazo que, segundo os datos historiográficos, podería ser un dos lugares de Galicia cun maior número de enterramentos

Unha reconstrución dixital amosa a representación da ‘Odisea’ nunha columna da catedral de Santiago

Un profesor da USC relaciona as viaxes de Ulises coas que leva a cabo un peregrino seguindo a fe do cristianismo a través da iconografía da construción