A incrible imaxe que capturou ao cometa do século “preto” da estrela Rosalía de Castro

A instantánea é o resultado de ata 15 fotografías tomadas nunha praia de Baldaio na noite do 20 de outubro

Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3), o cometa do século, segue dando que falar. O seu paso, coincidindo cun novo episodio de auroras boreais e co pico de actividade das Oriónidas, será especialmente recordado en Galicia pola súa proximidade (a simple vista) con respecto á estrela Rosalía de Castro, tal e como fotografou o profesor da Universidade da Coruña e enxeñeiro do CITEEC Félix Sánchez-Tembleque.

A imaxe foi tomada o domingo 20 de outubro ás 21:30 horas na praia de Pedra do Sal, en Baldaio (A Coruña). En realidade, tal e como explica o seu autor, trátase dun conxunto de 15 imaxes amontoadas, cada unha delas cunha exposición de 30 segundos. Segundo conta Sánchez-Tembleque, esta técnica permite diminuír o ruído das imaxes e destaca detalles tenues, “aínda que, neste caso, o cometa foi visible a simple vista sen necesidade de prismáticos ou telescopio”. Iso si, evitando a contaminación luminosa e fuxindo na medida do posible do brillo dunha Lúa case chea. Na imaxe distínguese perfectamente a estrela de Rosalia, e mesmo a anticola do cometa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica