O ceo galego tínguese de rosa: así foi a nova (e espectacular) aurora boreal

Unha potente tormenta xeomagnética iluminou a noite do xoves cunha cor específica dos fenómenos nos niveis máis altos da ionosfera

Na noite do xoves, entre as nubes do ceo galego apareceu un fenómeno pouco frecuente a estas latitudes do globo: trátase das auroras boreais, e a razón de poder gozar da súa presenza débese a unha potente tormenta xeomagnética ocasionada por unha exección de masa coronal do Sol. Nestes intres, o astro atópase no seu pico de actividade, preto do máximo do ciclo solar que ten lugar cada 11 anos. Unha das consecuencias deste período é unha maior probabilidade de produción de tormentas xeomagnéticas, que dan lugar ás preciosísimas e necesarias auroras boreais. En maio deste 2024, o mesmo fenómeno permitiu aos cidadáns vivir esta experiencia única baixo os ceos nocturnos de Galicia.

As redes sociais enchéronse dun regueiro de imaxes do acontecemento, dende a Ría de Vigo ata a costa de Ferrol: é o caso do fotógrafo David Couce, que inmortalizou as auroras sobre a Ermita do Porto en Meirás, Valdoviño. No interior tamén se deixaron ver, tal e como sinalou un usuario de X no caso de Santiago.

Publicidade

Esta última tormenta, que tivo lugar no Sol na noite do martes, foi excepcionalmente forte, cunha magnitude X9: trátase dun dos eventos deste tipo máis potentes producidos en toda unha década. Isto leva a que as auroras, que normalmente só se atopan nas latitudes máis ao norte e ao sur, poidan ser visibles dende España.

https://twitter.com/metoffice/status/1844317263853129999
Evolución da tormenta xeomagnética.

Este período de grande actividade solar comezou no mes de outubre, e está previsto que se estenda ata xaneiro de 2025. Isto implica que teremos máis oportunidades para ir á busca destas típicas luces norteñas.

Publicidade

A orixe das auroras

Os seus cores e movementos etéreos engaiolan, mais a orixe das auroras é moito máis espectacular, se cadra. Son o froito da interacción entre a atmosfera terrestre e o vento solar, un regueiro de partículas eléctricas que sae disparado dende o astro en tódalas direccións cando teñen lugar eventos como a tormenta producida esta semana.

Estas partículas son moi daniñas e poden causar radiación: por sorte, nós contamos coa barreira do campo magnético, que recobre a Terra e desvía as partículas a través das súas liñas de forza cara os polos. Neste tránsito, pode acontecer que algunha partícula eléctrica fique atrapada na atmosfera e choque cos atómos de osíxeno e nitróxeno presentes no aire excitándoos. Isto produce un extra de enerxía, que se pode apreciar dun xeito visual pola emisión de fotóns (partículas de luz). Adivinaches: son as auroras boreais e austrais, e a súa existencia é a proba da protección que o campo magnético brinda ao planeta e aos seus habitantes. 

De tódalas cores

Cando un pensa nas auroras, adoita imaxinalas cunhas cores verdes impresionantes, mais no caso de Galicia e do resto de España, os tons que máis se producen son rosas. Por que ocorre isto?

A resposta é sinxela: todo dependerá da altura da atmosfera na cal se produza o choque entre as partículas cargadas que proveñen do Sol e os atómos de osíxeno e nitróxeno presentes no noso aire. Cando as auroras amosan unha cor rosa o evento estase a producir nos niveis máis altos da ionosfera, a uns 240 quilómetros de altura, onde a concentración de osíxeno é moi baixa. Isto só sucede cando nos eventos máis enerxéticos do Sol, precisamente os eventos onde hai unha maior probabilidade de que as auroras poidan ser visibiles a estas latitudes.

As auroras de tons verdes prodúcense entre os 100 e os 240 quilómetros de altura por encima do nivel do mar, onde hai unha maior presenza de osíxeno. Por debaixo dos 100 km, verase unha mestura de tons azuis e violáceos, xa que hai unha maior concentración de nitróxeno molecular.

Ao longo desta xornada de venres tamén será posible gozar do espectáculo das auroras boreais en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As nubes baixas ameazan a observación da eclipse total de Sol no norte de Galicia

A Aemet alerta de que son as que poden ocultar por completo o Sol, e afectarán especialmente a zonas do litoral galego durante o fenómeno

A eclipse a través do móbil: o novo simulador para saber como se verá dende calquera punto de Galicia

A aplicación en liña emprega a cámara, o GPS, o acelerómetro e a brúxula para recrear o fenómeno astronómico do ano

O efecto Purkinje, o curioso fenómeno que cambiará as cores durante a eclipse total de Sol

A diminución brusca da luz activa os bastóns da retina e fai que os tons vermellos, laranxas e amarelos se perciban máis escuros

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga