Unha imaxe para lembrar o paso do cometa do século por Galicia

Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3) foi visible dende a comunidade, coincidindo xusto cun episodio de auroras boreais

Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3), máis coñecido como o cometa do século, deixouse ver nestas xornadas de outubro dende os ceos de Galicia. Descuberto en xaneiro de 2023 dende o Observatorio Tsuchinshan, e de aí o nome, foi visible a simple vista por primeira vez a finais de setembro, e a súa presenza durou ata a pasada fin de semana, facendo coincidir o seu paso coa chegada a Galicia das auroras boreais froito dunha potente tormenta solar. Agora, o cometa cambia a súa órbita, afastándose da terra, e deixará de ser visible para nós. Con todo, deixou un regueiro de imaxes en todo o territorio galego, como a que captou José Lorenzo Valdivia dende Cambados, coa torre de San Sadurniño e o cometa de fondo.

O tempo acompañou na meirande parte das ocasións, con ceos pouco nubrados e unhas temperaturas moi agradables para esta época do ano. A principal clave para atopalo foi mirar cara o planeta Venus, xa que a súa traxectoria coincidía. Non foi preciso empregar ningún instrumento, máis aló da vista, xa que C/2023 A3 é o cometa máis brillante nos últimos 100 anos: máis, incluso, que moitas estrelas no ceo nocturno.

Publicidade

Agora toca decir adeus ao cometa do século, que non voltará a achegarse ao noso planeta ata dentro de 80.000 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro