En que gastan os galegos? Así se reparte o seu diñeiro segundo o INE

O Instituto Nacional de Estatística posiciona Galicia entre as comunidades con maior investimento en alcol e tabaco, sanidade e cultura, por encima da media estatal

O gasto dos galegos reflicte moito máis ca simples cifras económicas: debuxa un retrato dos seus hábitos, prioridades e preocupacións. Grazas aos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) é posible coñecer as tendencias de consumo en Galicia e comparalas co resto das comunidades autónomas a través dunha infografía interactiva. Todo parte dunha cifra clave: en 2023, os galegos gastaron unha media anual de 13.566,74 euros por persoa, superando a media nacional, situada nos 13.120,1 euros.

A información do INE non se limita ao gasto total, senón que desagrega o consumo en 12 grandes categorías: alimentación, alcol e tabaco, vestido e calzado, vivenda, mobiliario, saúde, transportes, comunicacións, ocio e cultura, ensinanza, hostalaría e outros bens e servizos.

Publicidade

Neste contexto, Galicia destaca especialmente en tres ámbitos. É a segunda comunidade con maior gasto en ocio e cultura, só por detrás de Navarra; ocupa tamén o segundo posto en alcol e tabaco tras Aragón; e sitúase igualmente entre as comunidades con maior investimento en sanidade. Os gastos nestas partidas ascenden a 795,52 euros, 190,51 euros e 598,78 euros, respectivamente, cifras que superan a media nacional en todos os casos. Ademais, Galicia ocupa o terceiro lugar en gasto en mobiliario (616,78 euros) e transportes (1.808,31 euros), así como o cuarto posto en vestido e calzado (617,46 euros).

Con todo, os galegos tamén se sitúan fóra dos dez primeiros postos noutros ámbitos clave. No gasto en vivenda —que inclúe auga, electricidade e gas—, Galicia ocupa o duodécimo lugar, cun desembolso de 3.686,14 euros, unha cifra inferior á de 2022 e afastada da media estatal, que se sitúa nos 4.170 euros. Tamén queda fóra das primeiras posicións en ensinanza, cun gasto medio de 142,24 euros, e en hoteis, cafés e restaurantes, onde o gasto anual alcanza os 1.286,12 euros.

Publicidade

Cal é a distribución porcentual do gasto?

A partir destes datos, o INE elabora unha distribución porcentual do gasto dos galegos. A maior parte destínase á vivenda, que concentra o 27,17% do total, seguida da alimentación, co 17,23%, e dos transportes, que representan o 13,33%.

Por debaixo do 10% sitúanse partidas como a hostalería, o ocio e a cultura, o mobiliario, a moda, a saúde e as comunicacións. Pola súa banda, o alcol e o tabaco apenas supoñen o 1,64% dos gasto total; con todo, Galicia destaca como unha das comunidades autónomas que máis diñeiro destina a este concepto.


Podes consultar o gasto de Galicia do INE na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol