A Xunta reclama ao Goberno central que a telefonía móbil sexa un servizo universal no rural

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia solicita que a velocidade mínima da banda larga pase de 10 a 100 Mbps

A Xunta de Galicia reclamou ao Goberno central que, polo menos nos municipios rurais, a telefonía móbil debe ser considerada un servizo universal, para non estar sometida a súa despregadura soamente aos criterios de rendibilidade das operadoras.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presentou ao Executivo do Estado as consideracións a ter en conta na futura regulación do servizo universal de telecomunicacións, en resposta á consulta pública aberta polo Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública.

Publicidade

Na actualidade están considerados como parte do servizo universal as comunicacións fixas, con capacidade de banda larga a unha velocidade mínima de 10 Mbps, e os servizos de comunicacións vocais nunha localización fixa.

Como xa fixera en anteriores ocasións, no documento remitido ao Ministerio, a Xunta volve solicitar que a telefonía móbil de voz e datos sexa incluída no servizo universal, “ao menos nos municipios rurais e noutras zonas xeográficas con características sociais, económicas ou culturais especiais”. Cita como exemplos destas últimas o Camiño de Santiago, os parques naturais ou os grandes acontecementos.

Publicidade

Neste contexto, lembra que a necesidade de acceso a servizos de emerxencia en calquera situación e o potencial para a dinamización económica do rural fan que os servizos en mobilidade, tanto de datos como de voz, sexan “necesarios e imprescindibles”.

Amtega sinala na súa comunicación que é preciso incrementar a velocidade mínima de conexión ata os 100 Mbps, en liña coa Lei Xeral de Telecomunicacións, tendo en conta o mercado actual e o feito de que o programa UNICO Demanda Rural finaliza en 2027. Así mesmo, considera necesario establecer requisitos mínimos de garantía de caudal e calidade, incluíndo velocidade ascendente, latencia, jitter e perda de paquetes.

Estender a universalidade ás pemes

Ademais, co marco legal actual, o servizo universal só garante cobertura ás persoas físicas en vivenda habitual. Trasládase tamén a necesidade de incluír as microempresas, pemes, persoas autónomas e organizacións sen ánimo de lucro como beneficiarias do servizo universal con independencia da súa localización.

En relación co pago social, destinado a garantir que os consumidores con rendas baixas ou con necesidades sociais especiais poidan acceder aos servizos básicos de telecomunicacións, a Xunta coincide no interese de establecer esta obriga para todos os operadores e de definir o seu marco legal mediante unha normativa específica. Así mesmo, considérase necesario incluír os servizos en mobilidade de voz e datos entre as opcións do pago social.

1 comentario

  1. Os PPodres q llo reclamen a Fraga: meteulle no c_u millóns de euros a Telefónica por repetidores vellos q non servían para nada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

A Xunta activa por primeira vez a emerxencia cinexética en toda Galicia ante os danos do xabaril

A medida estará vixente ata o 31 de xullo de 2027 e permitirá intensificar as capturas para reducir os danos na agricultura, os accidentes de tráfico e os riscos sanitarios

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía