Campus Terra

Lugo lembra a Luisa Pérez, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia

Protagonizou a cerimonia de entrega do V Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural onde se premiou a Daniela Filipa Lourenço

Unha tese analiza a restauración con estériles no oco mineiro das Pontes

Ivana María Rivas avalía as diversas estratexias para reducir a contaminación, incidindo na importancia do manexo selectivo dos estériles piríticos

O olfacto do raposo, máis desenvolvido có do can, apunta un estudo da USC

A científica Irene Ortiz, da Facultade de Veterinaria de Lugo, analiza na súa tese o órgano vomeronasal do "Vulpes vulpes"

Un estudo pioneiro feito en Lugo analiza a transmisión de cepas patóxenas de E. coli

O laboratorio dirixido polo catedrático Jorge Blanco aborda a posibilidade de que as mascotas contaxien pasen a bacteria a humanos

Un plan para protexer e cultivar a árnica, o “ouro verde” de Galicia

Científicos do Campus de Lugo desenvolven, con financiamento da Deputación, un estudo que constata a viabilidade do cultivo e salienta as súas propiedades

A USC investiga con células nai de peixe cebra contra o cancro de páncreas

Investigadores do grupo ZebraBioRes do Campus de Lugo asinan un artigo en "Nature Communications" no que abordan as células implicadas nestes tumores

Estudan en Lugo a comunicación química do capibara, o roedor máis grande do mundo

Científicos do Campus Terra da USC e o parque de Marcelle constatan o elevado grao de madurez do sistema vomeronasal do animal

Unha proposta con máis de 60 especies para o banco de xermoplasma do Xurés

Un informe de científicos da USC encargado pola Xunta tras a vaga de lumes no Parque Natural recolle especies autóctonas e ameazadas

iBoneLab, a empresa lucense que analiza a integración de biomateriais en tecidos vivos

A nova spin-off da USC está impulsada polo grupo de investigación de Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Experimental Veterinaria de Lugo

Unha tese propón a inclusión de 58 novos rexistros no Catálogo de Árbores Senlleiras

O enxeñeiro Gaspar Bernárdez analiza na súa investigación o estado de conservación de máis de 1.100 formacións distribuídas por Galicia

Un artigo de científicos de Lugo, o máis citado nunha revista de referencia mundial

O traballo sobre recubrimentos alimentarios publicado por Patricia Cazón e Manuel Vázquez en "Food Hydrocolloids" acadou un gran impacto

Un estudo expón como os sistemas agroforestais frean os incendios

Científicos do Campus de Lugo propoñen nun artigo a integración de cultivos forestais e agrogandeiros como antídoto fronte aos lumes

O Campus de Lugo ofrece solucións aos problemas de auga en Uzbekistán

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC formará a investigadores deste país de Asia Central en estratexias de xestión da auga

Premian un traballo de Veterinaria de Lugo sobre resistencia bacteriana

A investigación, realizada xunto a científicos de Asturias e La Rioja, foi galardoada no marco do Día europeo para o uso prudente de antibióticos

A mocidade investigadora en produción primaria e alimentaria reúnese en Lugo

A Agrupación BioReDes e a Rede Inmunogenom organizan a primeira edición do seu congreso os días 28 e 29 de novembro

Ciencia e Xacobeo conviven en Lugo no programa ‘BioRedes fai camiño’

A agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra convoca actividades que relacionan ciencia, sector primario e rutas xacobeas