Un estudo pioneiro feito en Lugo analiza a transmisión de cepas patóxenas de E. coli

O laboratorio dirixido polo catedrático Jorge Blanco aborda a posibilidade de que as mascotas contaxien pasen a bacteria a humanos

A Escherichia coli é unha bacteria presente no organismo de numerosas especies, entre elas o Homo sapiens, que na meirande parte das ocasións non provoca ningún tipo de problemas. Porén, existen algunhas cepas patóxenas que poden causar infeccións urinarias, gastroenterite e outras complicacións. Neste sentido, un estudo pioneiro a nivel mundial, desenvolvido por un equipo do Campus Terra da USC en Lugo, analizou cepas uropatoxénicas e extraintestinais recollidas de cans e humanos para identificar a posible transmisión desta bacteria entre mascotas e persoas.

O traballo, publicado na revista Microorganisms, conclúe que a transmisión destas cepas é “limitada”, e prodúcese “en ocasións contadas”, segundo expón a USC. A investigación forma parte da tese de doutoramento de Saskia Camille Flament-Simón, baixo a dirección de Jorge Blanco, catedrático de Microbioloxía da USC na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e director do Laboratorio de Referencia de E. coli (LREC).

Publicidade

Os resultados evidencian que existe unha transferencia de determinados clons de cepas patóxenas extraintestinais (ExPEC9) e/ou uropatoxénicas (UPEC) entre as mascotas caninas e os seres humanos. Aínda así, este fluxo parece limitado, xa que o clon maioritario canino (B2-CH103-9-ST372) detéctase en contadas ocasións nas infeccións non intestinais, fundamentalmente da vexiga e das vías urinarias, diagnosticadas en seres humanos, segundo indica Jorge Blanco, quen advirte da existencia de diferenzas xenéticas, ás veces mínimas, entre os clons identificados como habituais en mascotas e en persoas.

Nas pescudas colaboraron, ademais do LREC, investigadores do Hospital Universitario Lucus Augusti, o Hospital Veterinario Rof Codina, o Centro de Investigación Biomédica de La Rioja e da Universidade de París, apuntan na mesma dirección que outros estudos que veñen de facerse en Estados Unidos, Francia e Australia. Daquela, do mesmo xeito que noutros traballos recentes, no estudo feito en Lugo obsérvase que entre as cepas illadas e molecularmente clasificadas como ExPEC e/ou UPEC, predominan as ST372.

Publicidade

Unha vez completada a secuenciación do xenoma completo de 21 cepas caninas estudadas en Lugo e dúas cepas causantes de infeccións extraintestinais en seres humanos en España e Francia, comparáronse estes 23 xenomas con 174 xenomas (128 de cepas caninas e 46 de cepas humanas) de cepas ST372 depositados en bases de datos públicas. Na árbore filoxenética obtida cos 197 xenomas analizados distribuíronse as cepas en 6 clusters. O clúster 1 comprendeu o 75% das cepas e maioritariamente incluía cepas de orixe canina (138 caninas fronte a 9 humanas) (P< 0.00001). En contraste, os clusters 2, 3 e 5 asociáronse estatisticamente coas cepas de orixe humana.

A análise dos xenomas completos das cepas ST372 suxire que as cepas caninas do clon B2-CH103-9-ST372 e do clúster 1 pertencentes ao serotipo Ou83:H31 poderían causar infeccións extraintestinais tanto en cans como en seres humanos, mentres que as cepas do clúster 2 e dos serotipos Ou18:H31 e Ou45:H31 poderían causar unicamente infeccións en seres humanos.

Aínda que o clon B2-CH103-9-ST372 foi o máis prevalente, entre as 91 cepas tomadas de mascotas caninas en Lugo e clasificadas molecularmente como ExPEC e/ou UPEC, identificáronse outros 49 clons e 14 deles atopáronse tamén entre cepas ExPEC e/ou UPEC causantes de infeccións en seres humanos en España e Francia. Deste xeito, os investigadores do Laboratorio de Referencia de E. coli estiman necesario realizar novos estudos para analizar con detalle o potencial zoonótico destes 14 clons que inclúen secuencias tipo frecuentemente atopadas entre as cepas causantes de infeccións urinarias e septicemias en seres humanos, tales como como son as ST12, ST73, ST95, ST127, ST141, ST648 e ST1193.

En conclusión, o traballo incide na necesidade do enfoque “unha única saúde” (one health) a nivel global, ao constatar varios clons e serotipos comúns en mascotas e humanos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Eclipse solar: o que lles ocorre ás bacterias cando o Sol desaparece

A radiación ultravioleta e os cambios na luz durante o fenómeno poden alterar a supervivencia e o comportamento bacteriano

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente