Xoves 5 Marzo 2026

Premios Prismas: unha xanela ao mundo coa bandeira da divulgación científica

Un artigo de Marcos Pérez Maldonado, director dos Museos Científicos Coruñeses

Os premios Prismas naceron en 1988 como un certame internacional de vídeo científico convocado pola Casa das Ciencias do Concello da Coruña. En 1993 incorporáronse as categorías de libros inéditos e editados, e un ano máis tarde chegaba o galardón ao mellor traballo en soporte informático. Os artigos científicos comezaron a premiarse en 1996 e as páxinas web en 2005. Hoxe en día estes premios recoñecendo a excelencia en oito categorías, dando cabida a todo tipo de formatos de divulgación científica.

Marcos Pérez Maldonado é o director dos Museos Científicos Coruñeses. Foto: Anxo Iglesias.
Marcos Pérez Maldonado é o director dos Museos Científicos Coruñeses. Foto: Anxo Iglesias.

Vista en perspectiva, a historia dos Prismas é tamén a do despegamento da divulgación científica no noso país. Os traballos premiados ao longo destas trinta e tres edicións reflicten o nacemento dun oficio que partindo da tradición do documental, o ensaio e o xornalismo científico acaba ramificándose e desenvolvendo linguaxes adaptadas aos medios dispoñibles en cada época.

Publicidade

Un dos sinais de identidade dos Prismas, e ao mesmo tempo una das razóns do seu prestixio, é a composición dos seus xurados, formados por profesionais da divulgación, o xornalismo e a investigación; docentes, activistas ou colegas doutros museos de ciencia en composicións diversas e sempre cambiantes.

Discutir sobre os méritos (e limitacións) das decenas de traballos que se presentan en cada edición pode resultar esgotador, pero sempre é unha fonte de inspiración e axúdanos a manter unha mirada fresca e aberta sobre o significado da excelencia no noso oficio. Ademais, esta fórmula garante que enfoques e estilos que escapan ao radar dun xurado poidan ser recoñecidos polo seguinte.

Publicidade

É por iso que os Prismas son uns premios extraordinariamente competitivos pero ao mesmo tempo abertos, en cuxo palmarés conviven profesionais de renome, novas promesas, proxectos consolidados e propostas dispostas a asumir todos os riscos. Neste momento xa traballamos perfilando a edición do ano que vén, na que se recoñecerá a mellor divulgación realizada neste extraordinario 2020. O noso desexo é que, para entón, o xurado poida outorgar polo menos un premio a quen nos contase de forma maxistral como logramos atopar a saída deste labirinto.


Estes son os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias 2020

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A G-Night superará as 200 actividades na súa quinta edición

Vigo, Ourense e Pontevedra sumarán máis de 40 eventos que achegan a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

Kip Thorne, premio Nobel: “É probable que descubramos a orixe do universo en 30 ou 40 anos”

O físico albisca un futuro próximo no que as ondas gravitacionais desvelen a orixe do cosmos e defende a universidade fronte á "estupidez" de Trump

De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo