O Campus de Lugo ofrece solucións aos problemas de auga en Uzbekistán

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC formará a investigadores deste país de Asia Central en estratexias de xestión da auga

Antes de que sufrise unha importante desecación, o mar de Aral regaba gran parte do oeste de Uzbekistán. Pero as políticas practicadas polos gobernos da xa desaparecida URSS, co obxectivo de facer prioritario o cultivo de algodón, habilitaron múltiples canles que danaron de morte o caudal do río Syr Darya, un dos principais leitos fluviais de Asia Central, Na actualidade, este río, presenta importantes danos ecolóxicos que incluso o privan de chegar ao Mar de Aral. Unha situación que está a rexistrar importantes problemas de abastecemento e de disposición de recursos hídricos para a rega de cultivos, e  á que buscan poñer fin o goberno do país.

A morte anunciada do mar de Aral

E neste sentido, a Escola Politécnica Superior (EPS) de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC amósase disposta a achegar solucións. Así, na actualidade, o vicerreitor de Asuntos Económicos e Orzamentos da Universidade de Burkhara, Omin Rahimov, que está realizando na EPS a súa tese de doutoramento, mantivo un encontro institucional coa Vicerreitora de Coordinación, Montserrat Valcárcel, así como o adxunto á vicerreitoría de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, para avaliar as posibilidades de que a Universidade de Burkhara e a USC asinen nas vindeiras datas un convenio marco de colaboración.

Publicidade

A problemática que representa a auga e a administración e xestión dos recursos hídricos en Uzbekistán, onde se está a acudir a acuíferos subterráneos para poder satisfacer as necesidades de auga de diversos cultivos agrícolas, é un dos motivos polos que Omin Rahimov, optara por acudir á EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC para mellorar a súa formación neste eido a través dos estudos de doutoramento.

A primeira relación deste investigador uzbeko coa EPS de Enxeñaría data de hai xa máis dunha década, cando Rahimov recalou no Campus de Lugo a través dun Erasmus Plus e logo, cunha bolsa do Goberno do seu país, completou o Diploma de Estudos Avanzados (DEA), un traballo centrado xa nos recursos hídricos de Uzbekistán y e coordinado polos profesores Carlos Álvarez e Tomás Cuesta García.

Publicidade

A culminación deste estudo, desenvolvido aínda nunha primeira fase, centrará a futura tese doutoral de Rahimov. Alén desta cuestión académica, o investigador tamén busca na sede universitaria luguesa, en particular, e na USC, nun contexto máis amplo, un aliado cara a mellora progresiva da reputación internacional da súa universidade de procedencia.

Segundo subliñou Rahimov no encontro institucional, a formación de doutores é unha das principais eivas da universidade uzbeka, que ofrece todas as facilidades ao seu alcance para financiar estadías de docencia e investigación de profesores da USC en Uzbekistán, ademais de para colaborar en congresos, publicacións científicas, proxectos de I+D+i, intercambio de alumnado e de profesorado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Radiografía do mosquito xaponés: a nova especie invasora identificada en Galicia

Un equipo de Lugo atopa un exemplar de femia adulta na Pontenova e varias larvas de 'Aedes japonicus' na Fonsagrada

Cando o concello de Lugo mercou un escravo africano

Un estudo recupera a historia de Manuel Sosa, que foi comprado polo consistorio lucense en 1705 como símbolo de prestixio e poder

Sete países europeos unen forzas para mellorar o cultivo sostible de patacas, trigo e hortalizas

Os resultados do proxecto SoildiverAgro, posto en marcha en 2019, foron presentados nunhas xornadas en Santo Estevo de Ribas do Sil

A imprescindible lista de cultivos que precisas para sobrevivir nunha apocalipse nuclear

Remolachas azucreiras, espinacas e cenorias son algunhas das plantacións que recomenda un novo estudo científico, aínda que depende do clima