Premian un traballo de Veterinaria de Lugo sobre resistencia bacteriana

A investigación, realizada xunto a científicos de Asturias e La Rioja, foi galardoada no marco do Día europeo para o uso prudente de antibióticos

Investigadores do Laboratorio de Referencia de Escherichia coli (LREC) da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC veñen de recibir o II Premio do Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos á mellor publicación científica por un traballo elaborado conxuntamente co Hospital Universitario Central de Asturias (Huca) e publicado na revista do Scientific Reports.

A profesora na Facultade de Veterinaria da USC e investigadora do LREC Azucena Mora Gutiérrez, que participa da autoría deste traballo galardoado co II Premio do PRAN xunto co catedrático da USC e director do LREC, Jorge Blanco Álvarez, o doutor Javier Fernández, do Servizo de Microbioloxía do Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), e a doutora María de Toro, da Plataforma de Xenómica e Bioinformática do CIBIR de La Rioja, entre outros autores, participou na gala de entrega deste premio. A cerimonia, promovida a iniciativa da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, desenvolveuse este mes na sede madrileña do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social co gallo da celebración do Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos.

Publicidade

A concesión deste galardón supón un recoñecemento máis do labor que vén desenvolvendo a USC xunto con outras institucións españolas e europeas desde a perspectiva One-Health (unha saúde) para dar unha solución á problemática da resistencia a antibióticos, unha das principais ameazas para a saúde mundial, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Unhas 3.000 persoas morren en España cada ano pola resistencia a antibióticos

De feito, a publicación distinguida co II Premio do PRAN compila o traballo de carácter multidisciplinar no que participaron diversas institucións sanitarias e universitarias (Universidade de Oviedo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Cantabria-CSIC, entre outras). Unha das achegas máis novas desta achega responde a que se trata do primeiro traballo no que se analizan as secuencias xenómicas completas de cepas de E. coli produtoras de carbapenemasas de tipo OXA-48 de grupos clonais de risco (ST131, ST58 e ST83) procedentes de infeccións humanas.  Este tipo de cepas e encimas (OXA-48) constitúen unha ameaza emerxente e os investigadores do LREC da USC foron os encargados de realizar a caracterización molecular convencional das cepas e os ensaios de virulencia in vivo en modelo murino.

Publicidade

Logo de recoller o galardón, o doutor Javier Hernández salientou, alén das achegas científicas compiladas na publicación  “a importancia do traballo en equipo, e do enfoque multidisciplinar (biólogos, veterinarios, químicos, farmacéuticos) e intercultural (galegos, rioxanos, cántabros asturianos) fronte á individualidade, a orientación unidisciplinar e a endogamia científica”.

Este facultativo médico do Servizo de Microbioloxía do Hospital Universitario Central de Asturias agradeceu a concesión do galardón a un traballo feito por investigadores de “comunidades periféricas”, ao tempo que reivindicou as “excelentes pescudas e a  gran contribución científica que achegan estas provincias nos eidos das ciencias e das letras”.

O Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos (PRAN) da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) é un programa estratéxico e de acción cuxo obxectivo é reducir o risco de selección e diseminación de resistencia aos antibióticos, a fin de mitigar o impacto deste problema sobre a saúde das persoas e os animais, preservando de maneira sustentable a eficacia dos antibióticos existentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética