Unhas 3.000 persoas morren en España cada ano pola resistencia a antibióticos

Este luns 18 de novembro celébrase o Día Europeo para o uso prudente dos antibióticos, ante o crecente problema de saúde pública polo uso pouco axeitado

“Non, os antibióticos non valen para todo”. Con esta campaña, o Ministerio de Sanidade intenta concienciar durante as últimas semanas á cidadanía sobre o crecente problema das bacterias resistentes a diversas familias de antibióticos. É un problema de saúde pública do que cada vez se fala máis desde o eido científico, e que xa empeza a ter importantes repercusións: estímase que unhas 3.000 persoas morren cada ano por infeccións causadas pola resistencia a estes fármacos, e xa se calcula que nas vindeiras décadas superarán ao cancro como primeira causa de morte.

Durante a primeira parte do século XX, o desenvolvemento dos antibióticos mellorou as perspectivas de supervivencia en todo o planeta, ao atacar infeccións bacterianas que ata entón non tiñan cura. Co paso do tempo, o seu uso xeralizouse cara á prevención de infeccións en operacións cirúrxicas, á protección de pacientes de cancro e as persoas inmunodeficientes, así como no sector gandeiro e da alimentación.

Publicidade

Porén, as bacterias tamén fixeron o seu traballo, e ao tempo que os antibióticos se xeralizaban, foron xurdindo poboacións resistentes que sobrevivían ao ataque destes medicamentos. Hoxe, esta resistencia é un problema en expansión debido a dous factores principais. Por unha banda, o maior acceso aos antibióticos provoca un maior uso, ás veces inapropiado, que impulsa esta resistencia. E por outra, a intensificación da produción de alimentos de orixe animal implica o maior uso destes fármacos tamén no sector gandeiro e agrícola, que impulsa do mesmo xeito o fortalecemento dalgunhas familias de bacterias.

Así, como resultado desta supervivencia das bacterias, algunhas infeccións que no seu día eran máis asequibles, hoxe convértense en doenzas serias e con posibles complicacións que chegan a ameazar a saúde das persoas. Desde o Centro Nacional de Microbioloxía, que estuda o problema no seu laboratorio de referencia en investigación da resistencia a antibióticos, tense detectado que as infeccións de sangue producidas por Klebsiella pneumoniae (unha das bacterias que causa maior número de infeccións en patoloxía humana), a resistencia ás quinolonas e ás cefalosporinas de 3ª xeración aumentou do 16% en 2012 ao 25% en 2018.

Publicidade

Así, as predicións que manexa o Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos son preocupantes: “Se non se toman medidas de carácter urxente, estímase que en 35 anos o número de mortes atribuíbles ás infeccións multirresistentes acadará as 390.000 ao ano en toda Europa (unhas 40.000 mortes anuais en España), e a resistencia desbancará ao cancro como primeira causa de morte”.

Recomendacións fronte á resistencia

No marco da campaña para concienciar sobre o problema, o Ministerio subliña que o autoconsumo de antibióticos en casos de infeccións víricas como a gripe o un arrefriado é un dos comportamentos erróneos que poden provocar o desenvolvemento destas resistencias e dificultar a eficacia dos medicamentos en futuros tratamentos. Indícase, por tanto que os antibióticos só valen para atacar ás bacterias; nin alivian a dor, nin a febre e deben utilizarse sempre baixo prescrición médica ou veterinaria. Ademais,nunca se deben compartir con outras persoas.

Pola súa parte, a OMS tamén apunta a que é preciso tomalos só baixo o tratamento prescrito polo médico, nin máis nin menos, e evitar na medida do posible as infeccións cunha boa hixiene, mantendo ao día a vacinación e tomando precaucións para evitas as infeccións de transmisión sexual.

 

Resistencia a antibióticos: un problema non só confinado aos hospitais


Máis información:
Antibióticos: resistencias e usos (web do Sergas).
– Plan Nacional de Resistencia a Antibióticos (Ministerio de Sanidade).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

O científico galego César de la Fuente lidera a creación dunha IA para deseñar antibióticos máis eficaces

A ferramenta ApexGO permite optimizar moléculas e acelerar a obtención de tratamentos fronte a patóxenos resistentes

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade