Volve o mosquito tigre: primeiro caso identificado do ano en Moaña

Moaña volve ser o primeiro lugar de Galicia onde aparecen exemplares de 'Aedes Albopictus', vector de virus como o zika, o dengue ou o chikungunya

Ca chegada da primavera regresa o mosquito tigre a Galicia. O primeiro caso do ano foi identificado recentemente na localidade pontevedresa de Moaña, un dos puntos máis conflitivos e o primeiro lugar onde foi detectada esta especie considerada un gran vector de transmisión de enfermidades humanas e animais.

A aplicación Mosquito Alert verificou a presenza dun exemplar de Aedes albopictus a finais do mes de abril. Trátase da primeira vez no ano que se confirma a localización dun mosquito tigre, que pode identificarse grazas á liña branca no tórax que o caracteriza.

Publicidade

Esta especie invasora foi identificada por primeira vez en Galicia no verán do ano 2023 na parroquia morañesa de Tirán. Especúlase que a orixe da chegada ao Morrazo do mosquito tigre puido deberse ao tráfico portuario de Vigo. En total, en 2024 identificáronse 107 exemplares a través da aplicación Mosquito Alert, na que os usuarios suben fotografías dos mosquitos sospeitosos que son logo verificadas por expertos.

Transmisores de virus como o zika

O mosquito tigre, orixinario do sueste asiático, chegou ao levante peninsular hai dúas décadas. O Aedes albopictus, que recibe o seu alcume felino polas raias que decoran o seu tórax, é un potencial transmisor de virus como o zika, o dengue e o chikungunya.

Publicidade

A especie ten preferencia polas temperaturas moito máis tépedas do norte peninsular, onde a choiva e a humidade favorecen a súa reprodución e crecemento. Ademais, prefire as zonas máis urbanas e cría en depósitos de auga que se atopan nos ambientes máis domésticos.

Esta última é unha das grandes singularidade dos mosquitos tigre, que non adoitan reproducirse en grandes masas de auga corrente: prefiren charcos ou pequenos espazos de augas estancadas, como poden ser os recipientes nos que beben as mascotas. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla